Ourense Cidade

O Concello de Ourense consegue a primeira posición no concurso de subvencións ao pequeno comercio

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, confirmou este mes de marzo de forma oficial a axuda dun 80% do gasto proxectado, o que repercutirá na entrada de 2 millóns de euros para dixitalizar comercios retallistas e para mellorar a experiencia de compra dos cidadáns.

Óscar Gómez

Ourense | 21.03.2023 14:07

O Concello de Ourense consegue a primeira posición no concurso de subvencións ao pequeno comercio | onda cero

O Concello de Ourense recibirá unha subvención de 2 millóns de euros para a transformación do pequeno comercio logo de acadar a primeira posición -de entre 270 municipios de toda España- nun concurso de proxectos do Goberno de España para este sector. Isto permitiralle recibir un 80% do gasto: dos 2.499.956 euros que supón o proxecto, a axuda conseguida ascende a 1.999.964,80 euros.

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, confirmou este mes de marzo de forma oficial a subvención ao Concello de Ourense polo seu proxecto/solicitude de axuda ao comercio local con transformación e adaptación dixital, na convocatoria 2022. Esta subvención, concedida e anunciada provisionalmente en decembro de 2022, confírmase definitivamente baixo o seguinte concepto: Axudas para o apoio a mercados, axudas a zonas urbanas comerciais, axudas a comercio non sedentario e canles curtas de comercialización no marco do Plan de Recuperación, axudas a Transformación e Resiliencia.

Da totalidade dos 270 proxectos presentados, o Concello de Ourense quedou en primeira posición en porcentaxe subvencionada -as solicitudes de 220 municipios foron desestimadas-, e na 7º posición de en canto ao volume da axuda concedida, malia que Ourense só ten 105.000 habitantes. En Galicia, o de Ourense será o único en recibir a subvención. “O corte era altísimo, e Ourense non só foi a única cidade galega en pasalo, senón que está no top da lista gañadora”, presume o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

A posta en marcha deste proxecto busca aumentar e fortalecer o tecido comercial da cidade de Ourense a través de distintas actuacións orientadas á dixitalización dos comercios retallistas e da mellora da experiencia de compra dos cidadáns. Acadaríase, deste xeito, “unha situación competitiva fronte ás grandes superficies e distribuidores comerciais”, aclara o rexedor, o que permitirá, “por unha banda, o fortalecemento dos comercios motivando á contratación de persoal, e doutra banda, crear un sector atractivo para novas xeracións de talento por medio do emprego de ferramentas innovadoras, deixando constancia da importancia do comercio retallista no municipio Ourense a nivel económico e social”, explica Pérez Jácome.

Market Place. O proxecto está a creación dun Market Place enfocado ao comercio local ourensán, unha ferramenta que sirva como unha nova canle de promoción e comercialización dos produtos de Ourense. E da man do market place, a transformación dixital, dos puntos de venda, a sustentabilidade e a economía circular, a cadea de subministración e a rastrexabilidade, a sensibilización e a formación, entre outros.

A partir de agora, o Concello de Ourense ten varios meses por diante para licitar todos estes servizos, adxudicalos e recibir a subvenció