A rúa Vázquez Núñez, no barrio da Carballeira, queda aberta de novo tras as obras de acondicionamento e humanización levadas a cabo nos últimos meses. Estes traballos contemplaron a substitución das instalación de abastecemento, auga, iluminación e redes de servizo.
En palabras do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, “esta é unha actuación estratéxica e moi necesitada para o barrio, que conecta Marcelo Macías coa zona alta da Carballeira”. Ademais, o rexedor avanzou as vindeiras licitacións nas rúas Alejandro Pedrosa, Avenida de Portugal así como Parada Justel.
Ademais, ampliáronse e substituíronse as beirarrúas orixinais cun espazo central peonil para comunicar as dúas zonas verdes do barrio, onde se presenta a substitución da vía rodada. A actuación tamén incluíu a colocación de mobiliario urbano.
Trátase da recuperación dun espazo urbano que daba prioridade ao tráfico rodado, con escasas beirarrúas e vía estreita. Este feito marcou a necesidade de ampliación das zonas peonís sen menosprezo da comunicación rodada, dado que actualmente dispón dunha aparente densidade de tráfico media, con tráfico de vehículos de mercadorías – pequenos comercios da zona - e turismos. O importe da adxudicación foi de 361.911,00 €, é a empresa que executou os traballos foi Cotoverde Obras y Servicios SL.