Concello de ourense

O Concello organiza actividades medioambientais no Parque de Montealegre

As persoas participantes aprenderán a elaborar reloxos de sol, produtos de cosmética, pasteis ou sementar nos hortos, entre outras propostas. As actividades son gratuítas, as prazas son limitadas e a inscrición debe realizarse por correo electrónico.

Óscar Gómez

Ourense | 13.09.2022 08:58

Botánico Montealegre | Concello de ourense

O Concello de Ourense inicia a programación de actividades do Parque de Montealegre do terceiro trimestre de 2022. Desde este sábado, todas as fins de semana, a cativada e as familias terán a oportunidade de participar en obradoiros de achegamento á natureza nas que a aprendizaxe e a diversión están aseguradas. Os sábados e os domingos, sempre pola tarde, o equipo de monitores aprenderá a rapazada a elaborar terrarios, reloxos de sol, produtos de cosmética e refuxios para ourizos, durante o mes de setembro, e a preparar os seus propios pasteis, facer escallos ou artigos de artesanía con bricks, así como sementar diferentes especies nos hortos ou desfrutar cos xogos tradicionais, durante o mes de outubro. As actividades continuarán todas as fins de semana até Nadal.

As actividades son gratuítas e as prazas limitadas e as persoas interesadas poden inscribirse a través do correo electrónico[[LINK:EXTERNO|||||| sm.p.montealegre@gmail.com]], ou obter máis información na Concellería de Medio Ambiente, na Praza de San Martiño (988388135).

Calendario de actividades das próximas semanas

· Sábado, 17 de setembro, 17:00 h: Elaboración de terrarios. Actividade infantil

· Domingo, 18 de setembro, 18:00 h: Reloxos de sol. Actividade infantil

· Sábado, 24 de setembro, 17:00 h: Cosmética natural. Actividade Infantil

· Domingo, 25 de setembro, 18:00 h: Refuxio de ourizos. Actividade familiar

· Domingo, 2 de outubro, 17:00 h: Repostería creativa. Actividade infantil

· Sábado, 8 de outubro, 17:00 h: Reprodución de plantas: escallos. Infantil

· Domingo, 9 de outubro, 17:00 h: Artesanía con bricks. Actividade infantil

· Sábado, 15 de outubro, 17:00 h: Traballo na horta. Actividade familiar

· Domingo, 16 de outubro, 17:00 h: Xogos de sempre. Actividade familiar