Concello de ourense

O Concello organiza actividades medioambientais no parque do Botánico de Montealegre para nenos e maiores

A oncellería de Medio Ambiente oferta actividades con temáticas son moi variadas, incluíndo o achegamento ao mundo da botánica, á micoloxía ou á experimentación científica.

Todas as actividades realizaranse nos sábados ou domingos pola tarde para facilitar a conciliación das familias de Ourense, en horario de 16:00 a 18:00 horas.

A primeira cita será este sábado, 20 de novembro, co obradoiro 'Outono'

Óscar Gómez

Ourense | 17.11.2021 17:53

O Concello organiza actividades medioambientais no parque do Botánico de Montealegre para nenos e maiores | onda cero

O Concello de Ourense oferta actividades de sensibilización no espazo do Botánico de Montealegre para concienciar e sensibilizar sobre a problemática ambiental e acercar, sobre todo os máis cativos, á botánica presente neste espazo natural.

As actividades a realizar na xornada de sábados e domingos, e en horario de 16:00 a 18:00 horas, centrarase en temáticas de botánica, micoloxía, reciclaxe, experimentación científica, ou coñecer as posibilidades do barro, entre outros.

En concreto, o día 20 de novembro empezarán as actividades co taller Outono, no que os máis cativos, en idade de 6-12 anos, poderán crear un mural sobre o outono e a festa dos magostos.

O día 28 de novembro, a actividade ofertase para xoves e maiores e centrarase e coñecer as especies micolóxicas presentes na provincia de Ourense. Axudando os asistentes a coñecer aquelas que se poden comer das que sexan mais perigosas para a nosa saúde.

O centro do Botánico oferta o día 11, un taller pensado para un nadal máis sostible. A actividade ofertará consellos prácticos sobre como utilizar materiais cotiás, telas, periódicos, entre outros, para poder envolver de forma orixinal e sostible os nosos regalos de este nadal.

Os cativos serán o centro de atracción no taller do día 12 de decembro, onde poderán aprender as virtudes do barro para facer decoración en cerámica e ademais mostrar a súa creatividade coa creación de obxectos e a súa decoración.

O 19 de decembro, ofertarase un taller de conta contas para transmitir os cativos os valores de respecto o medio ambiente, la autonomía persoal, e o respecto nos demais.

O concelleiro Jorge Pumar invita os veciños a participar destas actividades e a visitar o emblemático parque botánico da cidade, para desfrutar dun espazo único na cidade, tanto ambiental como lúdico.

Colaboración para sensibilizar

O colexio María Auxiliadora colabora tamén nunha campaña de sensibilización sobre a problemática do aceite usado doméstico na cidade. Esta campaña enmárcase nas actividades da subvención obtida dentro do Programa PIMA do actual ministerio de Transición Ecológica, actuación centrada na mellora da xestión de residuos nas cidades.

A Concellería de Medio Ambiente recorda que a falta de xestión de este tipo de residuos provoca riscos de contaminación no sistema de augas da cidade, ademais de problemas técnicos en ditas redes de xestión da depuración de augas da cidade. “Un só litro de aceite pode chegar a contaminar hasta 40.000 litros de auga” indican os informes do Ministerio de Transición Ecolóxica.

Máis de 150 estudantes do centro educativo participaran nesta actividade onde o obxectivo e concienciar a nenos e adultos sobre a problemática dos aceites e as posibles solucións que se poden aplicar. Os aceites usados domésticos poden ser convertidos en xabóns para uso caseiro pero tamén poden ser usados como biocombustibles, fin para o que é reciclado no concello de Ourense.

Jorge Pumar agradece os estudantes do centro, en especial aos máis cativos, “a súa implicación nesta campaña que mellora a calidade de vida da cidade e invita a todos os veciños a utilizar os 105 contedores especialmente deseñados para o reciclaxe de residuos de aceites usados domésticos”.