Ourense Cidade

O Concello leva o Entroido aos centros escolares da cidade con obradoiros para alumnado de Primaria

Ante a cancelación dos actos públicos por motivos sanitarios, entre eles a tradicional batalla de mecos dos xoves de Compadres e de Comadres, a Concellería de Educación quere divulgar as tradicións dunha maneira lúdica e pedagóxica

Óscar Gómez

Ourense | (Publicado 20.01.2021 13:00 )

O Concello leva o Entroido aos centros escolares da cidade con obradoiros para alumnado de Primaria | onda cero

O Concello levará o Entroido aos centros escolares da cidade. Ante a cancelación dos actos públicos por motivos sanitarios, entre eles a tradicional batalla de mecos dos xoves de Compadres e de Comadres, a Concellería de Educación realizará obradoiros de confección de máscaras do Entroido ourensán nos centros de ensino que solicitaron esta actividade.

Os obradoiros levaranse a cabo os días previos ás vacacións de Entroido, e van dirixidos a alumnado de 3ª curso de Educación Primaria. Participarán 400 nenos e nenas de 10 centros de ensino. Os monitores desprazaranse aos colexios para traballar só en grupo / clase ou burbulla e levarán o material necesario en bolsas individuais previamente desinfectadas para repartilas entre o alumnado participante.

Cada obradoiro ten unha duración de 90 minutos e está dividido en dúas partes, teórica e práctica. Por unha banda, a visualización dun mapa da provincia de Ourense, identificando as vilas que celebran esta festa dun xeito máis relevante, acompañado dunha explicación dos seus traxes e costumes. Pola outra, a decoración de catro máscaras de cartolina para recoñecelas: Boteiro de Viana do Bolo, Cigarrón de Verín, Peliqueiro de Laza e Pantalla de Xinzo de Limia.

O obxectivo principal desta actividade é o de contribuír á conservación das nosas tradicións dunha maneira lúdica e pedagóxica traballando distintas áreas de coñecemento como son a plástica e a pintura, a lingua galega e as ciencias sociais.

bottom-mobile&w=ATTR(width)&h=ATTR(height)&ow=ATTR(data-override-width)&oh=ATTR(data-override-height)&ms=ATTR(data-multi-size)&slot=ATTR(data-slot)&targeting=TGT&curl=CANONICAL_URL&timeout=TIMEOUT&adc=ADCID&purl=HREF&gdpr_consent=CONSENT_STRING&account=7a2f7250-8d37-4028-81e3-47b00835d234&gdpr_applies=CONSENT_METADATA(gdprApplies)&addtl_consent=CONSENT_METADATA(additionalConsent)&consent_type=CONSENT_METADATA(consentStringType)" ], "timeoutMillis":"1000" } ">