Ourense Cidade

O Concello concede licencia para construción dun tanatorio xunto o cementerio das Caldas

Explica o goberno municipal que “as licenzas son un acto regrado, e esta ten todos os informes favorables. Non dar a licenza non é unha opción porque sería cometer un delito.

Óscar Gómez

Ourense | 30.09.2022 08:56

O Concello concede licencia para construción dun tanatorio xunto o cementerio das Caldas | onda cero

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense concederá na súa sesión desta semana a licenza urbanística obra para a instalación dun tanatorio nas proximidades do cemiterio das Caldas, na rúa do Tinteiro, número 2. O expediente, que fora retirado da orde do día para mellor estudo da Xunta de Goberno do 17 de marzo, será presentado de novo para a súa aprobación na sesión desta semana, logo de que os informes técnicos e xurídicos fosen favorables para a concesión da licenza.

Explica o goberno municipal que “as licenzas son un acto regrado, e esta ten todos os informes favorables. Non dar a licenza non é unha opción porque sería cometer un delito, e o Concello non só incumpriría gravemente a legalidade, senón que sería condenado a aboar a responsabilidade patrimonial”. O uso de tanatorio encaixa na clasificación que teñen estes terreos no planeamento actual, igual que acontecía co planeamento de 2003 anulado. É solo urbano consolidado, que permite este tipo de usos.

O proxecto, cun orzamento de 1,5 millóns de euros, prevé a construción dun tanatorio de 3 plantas, con 2.671 metros cadrados construídos. A diferenza do proxecto que presentaran anteriormente os promotores do tanatorio, que fora tramitado en 2010, o actual reduce substancialmente a superficie construída (pasa de 4.156 metros cadrados a 2.671), baixa de 5 plantas a 3 e non incluirá crematorio.