Ourense Provincia

O Concello do Carballiño segue sen escoitar ao servicio de emerxenicas

Afirman que seguen sen medios e cunhas condicións de traballo precarias, o que pon en perigo a súa integridade física e á cidadanía do Carballiño.

Onda Cero Ourense

Ourense |

O Concello do Carballiño segue sen escoitar ao servicio de emerxenicas | onda cero

Os sindicatos CIG, CNT, CSIF e CCOO secundaron esta nova mobilización, poñendo de manifesto que o goberno municipal segue sen cumprir coa promesa de convocar unha mesa negociadora e así poder desbloquear a situación actual, arrastrada dende fai anos.

Faltan equipos de protección

En palabras do voceiro do Servizo, Jonathan Domínguez, 'o concello volve incumplir datas, xa se deron ata tres diferentes e de momento seguimos sen ter convocada a mesa de negociación', afirma ademais que 'tanto o alcalde como o concelleiro dixeron publicamente en diversas ocasións que estaban dispostos a negociar e que se convocaría a mesa en breve, pero nin unha cousa nin a outra, a situación segue igual'.

'Faltan equipos de protección e medios, estase poñendo en risco a vida dos membros do Servizo e a responsabilidade será do alcalde'. Así de contundente se mostra Domínguez cando lembra que a dotación de EPIs non é unha cuestión a negociar, senón unha obriga legal que o Concello incumpre e que pode desembocar nun accidente grave.

A parte da mobilización iniciouse unha campaña de recollida de sinaturas na rúa o pasado día 30 de abril e que se alargará durante o mes de maio. Desta forma queren mostrar a preocupación da cidadanía ao respecto do mantemento dun servizo esencial e a súa dotación de medios, tanto materiais como humanos para seguir cubrindo as emerxencias no Carballiño. As sinaturas pódense facer na sede do Servizo na Uceira ou ben en diversos comercios da vila que dispoñen de follas a disposición da cidadanía.