Entroido Allariz

O Concello de Allariz celebra o entroido cunha ampla variedade de actividades

Pasarrúas, festas, música, tradición e concursos volverán encher as rúas da vila nunha das celebracións máis agardadas do ano.

Onda Cero Ourense

Ourense |

O Concello de Allariz celebra o entroido cunha ampla variedade de actividades | Concello de Allariz

O Entroido arrancará o xoves 5 de febreiro, día de Compadres, cun pasarrúas cos Gaiteiros de Pé Feito, que percorrerán as rúas de Allariz dende a Barreira entre as 20.30 h e as 22.30 h. O xoves 12 de febreiro será a quenda das Comadres, cun novo pasarrúas a cargo da charanga Achicoria, no mesmo horario e percorrido.

O venres 13 de febreiro, a celebración continuará co Entroido na Rúa, cun pasarrúas da charanga Os Encerellados entre as 20.30 h e as 22.30 h, seguido da Noite de Entroido, que contará coa verbena da Discomóbil na Praza Maior dende as 23.30 h ata as 01.30 h.

O domingo 15 de febreiro haberá un pasarrúas coa charanga Alambique, que sairá da Barreira entre as 12.00 h e as 14.00 h. O luns 16 de febreiro estará dedicado especialmente á rapazada, cunha Festa Infantil da Discomóbil na Praza Maior de 17.30 h a 20.00 h. Pola noite, ás 21.30 h, celebrarase a tradicional Cachuchada na Barreira, organizada pola Asociación Cultural Xan de Arzúa, e a xornada pecharase cun pasarrúas nocturno da charanga Caliquenos, de 23.00 h a 01.30 h, tamén dende a Barreira.

O martes 17 de febreiro terá lugar o Baile de Entroido e o Concurso de Comparsas, de 18.00 h a 20.30 h na Barreira, coa animación de Space Discomóbil. O concurso repartirá premios de 250 €, 200 € e 150 €, valorando a orixinalidade, elaboración e escenificación dos disfraces.