O Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense celebrou unha xuntanza extraordinaria presidida polo alcalde, Gonzalo Jácome, para dar conta dos danos ocasionados na piscina Rosario Dueñas polo temporal de onte e aprobar a proposta de Declaración de Estado de Emerxencia de Protección Civil a zona do Complexo Deportivo dos Remedios. Así, o organismo municipal acordou solicitarlle a dita declaración á autoridade competente (Administración Central) e darlles traslado do acordo ao resto de administracións públicas de cara ao seu coñecemento para a adopción, se procede, de medidas de colaboración para subsanar os danos ocasionados,
Este acordo permitirá axilizar a execución das obras de reparación da cuberta da piscina que, con esta declaración, poderanse adxudicar directamente, coma un contrato menor, sen necesidade de licitación. Mentres tanto, a piscina deberá permanecer pechada ao público.