O Concello abre o prazo para solicitar actividades de verán
Desenvolveranse de xullo a setembro en Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo, dirixidas a nenos e nenas que nacesen de 2010 a 2018
Este Mércores 1 de Xullo abre o prazo para inscribirse nas Actividades de Verán 2022 que nos Centros Cívicos do Concello de Ourense organizará a Concellería de Servizos Sociais, para nenos e nenas nados do 01/01/2010 ao 31/12/2018.
Con estas actividades de verán, “búscase fomentar a participación dos nenos e as nenas en actividades socioeducativas, lúdicas e culturais que promovan a educación en igualdade e o coñecemento dos seus dereitos recoñecidos na Convención de dereitos da infancia. Trátase de promover que os menores se convertan en axentes de cambio social identificando a realidade do seu barrio e a súa contorna. Todo no marco das accións encamiñadas a dar cumprimento aos obxectivos do I Plan de Infancia e Adolescencia do Concello de Ourense”, explica a concelleira de Servizos Sociais, Eugenia Díaz Abella.
Preténdese tamén que as actividades sexan unha forma de axudar ás familias a conciliar a vida laboral e familiar neste período vacacional cun horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas de luns a venres e a asistencia é obligatoria.
Para inscribirse nas actividades de verán hai que cubrir a solicitude que se activará na web Actividades da Concellería de Servizos Sociais a partir das 9:00 horas do 1 de xuño de 2022. O prazo rematará o día 8 de xuño de 2021 ás 24:00 horas. Se algunha persoa precisa axuda coa inscrición pode dirixirse telefonicamente ao 988 393 107 ou acudir persoalmente nos Centros Cívicos.
As actividades realizaranse nos centros cívicos de: Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo durante os meses de xullo, agosto e setembro de 2022 Serán de luns a venres e os horarios van de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Vanse dividir en quincenas do seguinte xeito:
• Do 01 ao 14 de xullo
• Do 15 ao 29 de xullo
• Do 01 ao 16 de agosto
• Do 17 ao 31 de agosto
• Do 01 ao 07 de setembro
As actividades son gratuítas e para ter a posibilidade de acceder a elas o neno ou a nena deben estar empadroados no Concello de Ourense. O criterio de selección será o seguinte:
Todos os nenos e as nenas que cubran a solicitude en prazo, deberán ter concedida algunha das quincenas de preferencia antes de que se poida desfrutar dunha segunda.
A admisión nas quincenas será por orde de entrada e orde de preferencia.
Se a inscrición se fai para máis dun centro na mesma quincena entenderase que o centro de preferencia é o primeiro no caso de que haxa prazas.
A Concellería de Servizos Sociais poderá reservar o 20% das prazas ofertadas a persoas beneficiarias de programas sociais.
As quincenas dos centros que non alcancen un número mínimo de solicitudes poden ser suspendidas.
A inscrición supón a aceptación e o estrito cumprimento do horario das actividades nas que se inscribiu. O feito de non cumplilo poderá supoñer a perda da praza.