Flora Moure, asinou o contrato menor para as obras previstas nas termas de Outariz, necesarias e imprescindibles para prantexar a súa apertura, así como a súa coordinación e seguridade. Así, os traballos de albanelería e fontanería poderán comezar a partir de hoxe mesmo e contan cun orzamento de 48.000 e 35.600 euros, respectivamente. Estes traballos de mellora das instalacións termais, con renovación de canalizacións, gabias, desaugadoiros e arquetas, son imprescindibles para adaptar a situación das termas á lexislación e ás medidas antiCOVID.
Á empresa que executará os traballos solicitóuselle a máxima celeridade e eficacia nos traballos, máxime cando este mes existe como condicionante o convenio da construción que lles dota de vacacións e a crise de subministracións que desde a Concellería de Termalismo confían en que non afecte demasiado.
Luz verde ao comezo das obras de adaptación das instalacións termais de Outariz á nova lexislación
“Continuamos traballando desde a Concellería de Termalismo para axilizar ao máximo todas as accións necesarias para a posta a punto das nosas instalacións termais coas máximas garantías de saúde e seguridade para todos. Máis aló de datas, o importante é que os pasos que vaiamos dando sexan firmes e seguros”, sinala a concelleira de Termalismo, Flora Moure.