SUCESOS

Comeza o xuizo polo "Crime de Velle" no que piden para o acusado prisión permanente revisable

O caso remóntase a 2019 cando o acusado (que sofre alteración psíquica) matou presuntamente a coiteladas á parella do seu curmán e tentou acabar ca vida deste.

Jesús Álvarez

Ourense |

Audiencia Provincial de Ourense | EP

En Ourense comeza o xuizo polo “crime de velle” no que se senta no banco dos acusados un home acusado de matar a coiteladas á parella do seu curmán e deixar gravemente ferido a este, feitos acontecidos en 2021 e polos que por primeira vez en Ourense se pide prisión permanente revisable anque a fiscalía plantexa a atenuante da “alteración psíquica ”.

O caso que se xulga na Audiencia Provincial de Ourense acontecera na madrugada do 19 de Febreiro de 2021. O acusado de presunto asesinato e tentativa de homicidio Diego Rodriguez saiu da casa cun cóitelo decindolle á sua nai que ia cazar coellos e dirixiuse á casa do seu curman e veciño pedindolle que abrira a porta. Nada mais facelo abalanzouse contra él ameazando con que ia a matalos asestandolle varias coiteladas que o feriron de gravidade levando a peor parte a sua parella que se inerpuxo entrambos recibindo varias coiteladas mortais unha delas no pescozo.

A acusación particular que representa a letrada Alejandra Fernández pide (por primeira vez en Ourense) prisión permanente revisable ao considerar os feitos "absolutamente desproporcionados". A representación das vitimas tamén reclama ao Sergas 400000 euros de indemnización en concepto de responsabilidade civil pola suposta falta de seguemento do presunto asasino que no momento do suceso levaba meses sen tomarse medicación malia serlle diagnosticada unha "esquizofrenia paranoide". Precisamente en base a esta "alteración psíquica" a fiscalía rebaixa a 24 anos de cadea a petición de condea mentres a defensa pide eximente completa e absolución do acusado que leva en prisión preventiva dende que aconteceron os feitos.

A vista que se programou ate xoves arrancaba coa constitución do xurado popular e a declaración do acusado Diego Rodriguez que só respondeu a peguntas da súa avogada sinalando que "non lembraba nada do acontecido". Agardase tamén a declaración do supervivinte e curmán do acusado Álvaro Blanco, testemuñas e peritos.