Amigos da terra critica o "formigonado" de parte dunha zona verde a carón do Pavillón dos remedios de Ourense onde se executan obras da Xunta de Galicia. Dende a organización ecoloxista sinalan que a actuación estase a facer co silencio cómplice do Concello de Ourense e incumplindo as directivas da Oms e mesmo da Unión europea, propiciando que en lugar de refuxios climáticos, cidades coma Ourense con máis de cenmil habitantes acaben “estragando o patrimonio arbóreo dos poucos parques e xardíns que temos e convertindo á capital nunha gran illa de calor” ante a pasividade tamén doutras administracións coma a central ou provincial.
Dende Amigos da Terra e Amigos das Árbores o ecoloxista Xosé Santos reclama "menos cemento e máis coñecemento".