Os clubs Ximnasia Pavillón Ourense e escola Pavillón fixeron a súa presentación
Os clubs Ximnasia Pavillón Ourense e Escola Pavillón, que compatibilizan as instalacions dos Remedios co polideportivo do Campo da Feira, inician a tempada 2023 na modalidade de ximnasia rítmica con moita actividade e un gran número de ximnastas.
Os clubs Ximnasia Pavillón Ourense e Escola Pavillón, que compatibilizan as instalacions dos Remedios co polideportivo do Campo da Feira, inician a tempada 2023 na modalidade de ximnasia rítmica con moita actividade e un gran número de ximnastas. A maiores, para descentralizar a actividade, dando cabida a así a máis ximnastas, desenvolven a súa actividade nos CEIP Mestre Vide e Manuel Luis Acuña, Colexio San José-Josefinas de Ourense, Escola en Pereiro de Aguiar e Ribadavia, ademáis da colaboración na organización das Escolas de Club Deportivo Miraflores, Barbadás e Xinzo de LImia.
Entre ambos clubs, que traballan de xeito coordinado na procura dunha pirámide deportiva sólida, arroxan os seguintes datos, só na nosa cidade, ó inicio do ano 2023:
Equipos de nivel nacional:
6 conjuntos: 3 de nivel absoluto y 3 de nivel base
14 ximnastas individuais de nivel absoluto (dous deles masculinos)
Equipos de nivel Prebase:
3 conxuntos
6 individuais
Equipos de nivel promoción:
1 conxuntos
Equipos de nivel escolar:
14 conxuntos
7 individuais
Os e as ximnastas de competición de todos os niveis terán a súa presentación nos vindeiros días 11 e 25 de marzo nos Remedios, para ter un contacto previo co tapiz antes do inicio da tempada.
Este sábado 11 de marzo, na Cancha Central, ás 12h., será o turno dos conxuntos de nivel nacional (que buscarán a súa clasificación para a Copa de España entre os días 18 e 19 de marzo), xuntamente cos equipos prebase. Tamén no mesmo día presentarán os seus exercicios algúns dos ximnastas individuais de nivel nacional e prebase.
A presentación do resto dos exercicios de nivel autonómico, xuntamente con algúns exercicios individuais de nivel nacional, terá lugar o sábado día 25 de marzo, en horario a determinar, no Anexo dos Remedios. Estes actos de presentación serán a porta aberta e están invitados e invitadas todas as familias, simpatizantes do noso club e público en xeral.
A primeira cita competitiva da tempada será o vindeiro fin de semana, no que os Clubs Ximnasia Pavillón Ourense e Escola Pavillón buscarán a clasificación dos conxuntos absolutos para a I Fase de Copa Conxuntos e dos conxuntos base para a Copa Conxuntos Base. Paralelamente ambos clubs presentarán os seus equipos ós diversos Torneos que outros clubs organizan na nos Comunidade e que manterán ós e ás ximnastas en tensión competitiva case todos os fins de semana.