Formación Profesional

O CIFP Portovello dispón de unha ampla gama de opcións formativas

O CIFP Portovello oferta unha modalidade para cada situación: FP Básica, grao medio ou superior, FP Dual Intensiva, FP a distancia, Formación Acelerada e Master FP

Onda Cero Ourense

Ourense |

O CIFP Portovello dispón de unha ampla gama de opcións formativas | CIFP Portovello
Oferta formativa do CIFP PORTOVELLO para 2026/27

Independentemente de cal sexa a situación, no CIFP Portovello hai moitas opcións diferentes axeitadas para cada alumno

FP Básica

No CIFP Portovello é posible cursar FP Básica de servizos comerciais cumplindo os seguintes requisitos:

  • Ter cursado 3º de ESO (excepcionalmente 2º)
  • Contar coa proposta de equipo docente do centro de procedencia

Cómo será a formación

  • Aprenderás de forma práctica
  • Obtención do graduado en ESO máis o título de técnico básico
  • Horario en quenda de mañá (08:30 a 15:00 horas)
  • Despois podes seguir continuando a formación nun grao medio

Ciclos formativos de grao medio

Requisitos para cursar un grao medio no CIFP Portovello:

  • Ter máis de 16 anos
  • Ter o título da ESO ou FP Básica ou superar a proba de acceso a ciclo medio

Opcións nos ciclos formativos de grao medio no CIFP Portovello

Se queres estudar comercio, marketing ou atención a persoas dependentes hai varias opción diferentes:

  • Modalidade ordinaria presencial: en quenda de mañá (08:30 a 15:00 horas) coa oferta de CM Xestión Administrativa (Administración e Xesión), CM Actividades Comerciais (Comercio e Marketing) e CM Atención a personas en situación de dependencia (Servizos socioculturais e á comunidade).
  • FP Dual Intensiva: formación en CIFP Portovello en quenda de tarde (16:30 a 22:30 horas), formación compartida co CIFP Vilamarín. A oferta nesta modalidade na que estudas e realizas prácticas remuneradas é de CM Comercialización de Productos Alimentarios (convenios con grandes superficies de alimentación)
  • Semipresencial - A distancia: a formación realizase a través de unha plataforma de aprendizaxe virtual e titorias colectivas en quenda de tarde (16:00 a 22:30 horas). Realizanse probas de avaliación trimestral de forma presencial no CIFP Portovello. Oferta do CIFP Portovello nesta modalidade: CM Xestión administrativa (Administración e Xestión), CM Actividades Comerciais (Comercio e Marketing) e CM Atención a persoas en situación de dependencia (Servizos Socioculturais e á comunidade)

Ciclos formativos de grao superior

Requisitos para cursar os Ciclos Formativos de Grao Superior en CIFP Portovello

  • Ter bacharelato, un ciclo medio ou a proba de acceso a grao superior

Opcións formativas de Grao Superior no CIFP Portovello

Se te imaxinas elaborando un escaparate, organizando loxística de transporte ou a animación sociocultural tes varias opcións diferentes en Portovello:

  • Modalidade ordinaria presencial: o horario é en quenda de mañá (de 08:30 a 15:00 horas) e hai a seguinte oferta: CS Administración e Finanzas, CS Asistencia á Dirección - Plurilingüe Inglés co segundo módulo estranxeiro en portugués, CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais (Comercio e Marketing), CS Animación Sociocultural e Turística, CS Educación Infantil e CS Integración Social.
  • FP Dual Intensiva: formación en CIFP Portovello ata frebeiro aproximadamente en quenda de tarde (16:30 a 22:30 horas) coa seguinte oferta formativa: CS Administración e Finanzas (Administración e Xestión), CS Xestión de Vendas e Espacios Comerciais (comercio e marketing), CS Transporte e Loxística (comercio e marketing) e CS Formación para a Mobilidade Segura e Sostible (servizos socioculturais e á comunidade).
  • Semipresencial - a distancia: a formación realizase a través de unha plataforma de aprendizaxe virtual e titorias colectivas en quenda de tarde (16:00 a 22:30 horas). Realizanse probas de avaliación presenciais trimestrais no centro. A oferta no CIFP Portovello é a seguinte: CS Administración e Finanzas (administración e xestión), CS Comercio Internacional (comercio e marketing), CS Transporte e Loxística (comercio e marketing), CS Educación Infantil, CS Formación para a mobilidade segura e sostible (Servizos Socioculturais e á comunidade) e CS Integración Social.
  • Formación acelerada: obtención de unha certificación nun cuatrimestre. Impártese de setembro a febreiro en quenda de tarde (de 16:00 a 22:30 horas) ou de febreiro a xuño en quenda de mañá (08:30 a 15:00 horas). CIFP Portovello ten nesta opción un grao C: Publicidade e Relacións Públicas e Organización de Eventos (de marketing).

Especialización

Para os alumnos que teñan un título de Formación Profesional a diferenciación chega da man da especialización. Novas competencias e polo tanto novas oportunidades en marketing, comunicación e eventos con varias opcións diferentes no CIFP Portovello:

Curso de especialización: hiper-especialización en redacción de contidos dixitais para marketing e vendas

  • Modalidade a distancia con apoio da plataforma de teleformación
  • Titorías no centro en quenda de tarde de 16:00 a 22:30 horas
  • Requisito: ter un título de técnico superior na familia de comercio e marketing idealmente

Formación acelerada: certificación oficial nun cuatrimestre

Grao C: publicidade e relacións públicas e organización de eventos de marketing con dúas opcións de quenda:

  • Setembro a febreiro: quenda de tarde de 16.00 a 22:30 horas
  • Febreiro a xuño: quenda de mañá de 08:30 a 15:00 horas

6 modalidades no CIPF Portovello, moitas oportunidades

FP Dual intensiva

Formación máis traballo na que o alumno aprende traballando.

Fases da FP Dual intensiva

  • 1ª fase de formación no centro en quenda de tarde (16:00 a 22:30 horas) habitualmente ata febreiro
  • 2ª fase de formación na empresa: remunerada mediante contrato de formación en alternancia

Oferta da FP Dual intensiva

  • CS Administración e Finanzas
  • CM Comecialización de productos alimentarios
  • CS Transporte e Loxística
  • CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais
  • CS Formación para a Mobilidade Segura e Sostible

A FP Dual intensiva ofrece titulación oficial, unha experiencia real e alta empregabilidade

FP Ordinaria

A FP Ordinaria impártese en quenda de mañá de 08:30 a 15:00 horas.

Oferta formativa de FP Ordinaria en CIFP Portovello

  • Administración e xestión: CM Xestión Administrativa, CS Administración e Finanzas e CS Asistencia á Dirección.
  • Comercio e Marketing: CM Actividades Comerciais, CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais.
  • Servizos socioculturais e á comunidade: CM Atención e Persoas en situación de dependencia, CS Educación Infantil, CS Integración Social, CS Animación Sociocultural e Turística.

A FP Ordinaria propón unha formación de calidade preparada para o mercado laboral

FP a distancia

A FP a distancia permite que o alumno estude ó seu ritmo con titorías pola tarde.

Oferta formativa a distancia no CIPF Portovello

  • Adminitración e xestión: CM Xestión Administrativa e CS Administración e Finanzas
  • Comercio e marketing: CM Actividades Comerciais, CS Comercio Internacional e CS Tranporte e Loxística (parcial)
  • Servizos socioculturais e á comunidade: CM Atención a persoas en situación de Dependencia, CS Educación Infantil, CS Integración Social e CS Formación para a Mobilidade Segura e Sostible

A formación a distancia da flexibilidade para que o alumno poda avanzar ó seu ritmo.

Formación acelerada

Esta modalidade permite que o alumno se forme en menos tempo e impulse o seu futuro.

Oferta formativa en formación acelerada no CIPF Portovello

  • Publicidade, relacións públicas e organización de eventos de marketing

Edicións da formación acelerada

  • 1ª edición de setembro a xaneiro: impártese en quenda de tarde
  • 2ª edición de febreiro a xuño: impártese en quenda de mañá

FP Básica

Servizos comerciais. E o primeiro paso cara ao futuro.

  • Título profesional básico
  • Graduado en ESO
  • Acceso a Grao Medio

Master FP

Cursos de especialización en redacción de contidos dixitais para marketing e vendas sociais con formación a distancia e titorías polas tardes