Datos Paro

CCOO sinala os datos do paro como negativos con "Mais desemprego e menos contratación"

Os datos negativos do mercado laboral provincial no mes de agosto seguen a estar claramente marcados pola pandemia: “aumenta o desemprego e cae a contratación".

Óscar Gómez

Ourense | 02.09.2020 13:14 (Publicado 02.09.2020 13:13)

El paro crece en agosto en 21.679 personas y pone fin a seis meses de descensos | EFE

Tradicionalmente, en Ourense, o mercado laboral no período estival caracterizábase polo descenso do desemprego e polo aumento da contratación -a maioría temporal-, fundamentalmente impulsado pola actividade do sector servizos, piar máis importante do mercado laboral provincial.

Pola contra, neste mes de agosto de 2020, segundo os datos do SEPE, esta tendencia cambia radicalmente con respecto a períodos anteriores, pois o desemprego aumenta en 135 persoas, formalizándose ademais 1.894 contratos menos. Cabe destacar o aumento en 79 persoas no sector servizos e en 92 persoas que buscan o primeiro emprego. A contratación na provincia desplomase en todos os sectores, con especial incidencia no sector servizos con 1.377 contratos menos que no mes anterior.

O impacto da crise derivada do COVID19 está a disparar o risco de pobreza e vulnerabilidade da poboación, a pesar de que os seus niveis estaban aínda moi por encima dos previos á crise anterior.

CCOO considera que a evolución do emprego na provincia de Ourense está directamente relacionada coa ausencia dun modelo produtivo de base industrial e tecnolóxica e co nefasto papel que en materia de políticas activas de emprego tivo o goberno galego polo que, iniciada a novoa lexislatura política autonómica, urxe impulsar o diálogo social e a formulación dun “plan de recuperación económica e social” con medidas que impulsen a economía canto antes para recuperar a actividade e o emprego perdido pola pandemia derivada do COVID-19.

Para CCOO garantir a prevención contra a pandemia xunto coa recuperación da actividade e o emprego perdidos, deben ser as prioridades do novo Goberno da Xunta.

Cargando...