Concello de ourense

O Botánico oferta un programa de nove actividades divulgativas

As actividades serán de balde, previa inscrición, e abarcan desde este sábado, 7 de maio, ata o 18 de xuño

Óscar Gómez

Ourense | 06.05.2022 09:39

O Botánico oferta un programa de nove actividades divulgativas | onda cero

A Concellería de Medio Ambiente organiza nove actividades divulgativas no botánico de Montealegre, con temática tan variada como un obradoiro de cerámica, a elaboración de terrarios ou o cultivo de insectos.

Ao igual que no primeiro trimestre do ano, a oferta formativa basease nas ideas, “de aprender xogando” e de que cun “maior coñecemento do medio natural seremos máis responsables” nos nosos hábitos de vida.

O concelleiro de Medio Ambiente Jorge Pumar anima a todas as familias Ourensáns a participar neste tipo de actividades e a visitar o botánico en primaveira, unha época do ano excelente para coñecer a flora e fauna que habita nestas 14 hectáreas de habitat natural en plena cidade.

As actividades serán de balde, previa inscrición, e abarcan os meses de maio e xuño. Este sábado día 7, terá lugar o primeiro obradoiro cun taller de cerámica. As idades ás que está dirixido este programa son as comprendidas entre os 6 e os 12 anos, agás o obradoiro de xogos variados e o de plantar na horta, que é para toda a familia.

Todas as accións están previstas para os sábados e domingos a partir das 16 horas da tarde. A información e inscrición para estas actividades poderase realizar a través do correo sm.p.montealegre@gmail.com ou no teléfono 988 388 135.

O programa de actividades é o seguinte:

Maio

Sábado, día 7Obradoiro de cerámica

Domingo, día 8Mural de primavera

Sábado, día 21Obradoiro de historias en Montealegre

Domingo, día 22Xogos variados

Sábado, día 28Elaboración de terrarios

Domingo, día 29Ximcana de especies

Xuño

Sábado, día 4Plantar na horta

Domingo, día 5Experimentos naturais

Sábado, día 18Cultivo de insectos