A Concellería de Medio Ambiente organiza oito actividades divulgativas no botánico de Montealegre, con temática tan variada como o coñecemento da problemática da velutina en Ourense, a importancia do reciclaxe xogando a crear mascaras e disfraces para o carnaval, ou coñecer como os distintos insectos axudan o ecosistema da nosa cidade.
A oferta formativa basease nas ideas, “de aprender xogando” e de con un “maior coñecemento do medio natural seremos máis responsables” nos nosos hábitos de vida. Para o concelleiro Jorge Pumar resalta que estas actividades teñen un dobre obxectivo, axudar as familias na conciliación familiar, por eso desenvólvense e fins de semana, e o mesmo tempo animar os ourensáns a “descubrir” o botánico como un centro de ocio e de aprendizaxe ambiental.
As actividades serán de balde, previa inscrición, e abarcan datas desde febreiro ata marzo de este ano. Os cursos ofertan temáticas tan variadas como aprender a facer compós na nosa casa, coñecer de primeira man a problemática da velutina, ou a recoñecer a importancia dos insectos para o noso hábitat de vida, construíndolles “hoteis” .
O entroido non podería faltar nesta oferta de ocio, concretado en dous talleres para facer disfraces e mascaras desde material reciclado, roupa vella, ou outros elementos en desuso, que volverán a vida en forma de disfraces de entroido.
Outro aliciente da oferta son descubrir os procesos da sementeira que nos poden permitir crear a nosa propia horta caseira ou a plantación de flores para a decoración das nosas casas na primavera.
Todas as accións están previstas para os sábados e domingos a partir das 16 da tarde. A información e inscrición para estas actividades poderase realizar a través do correo sm.p.montealegre@gmail.com ou no teléfono 988 388 135.
O programa de actividades é o siguiente:
20 de febreiro obradoiro de disfraces de entroido (de 6 a 12 anos)
26 de febreiro obradoiro sobre a vespa velutina (a partir de 13 anos)
27 de febreiro obradoiro de contacontos infantil (de 6 a 12 anos)
6 de marzo obradoiro de compostaxe (a partir de 13 anos)
12 de marzo obradoiro de resinación de piñeiros (a partir de 13 anos)
19 de marzo obradoiro de hoteis para insectos (para toda a familia)
27 de marzo obradoiro para xerminar sementes e creación de semilleiros (de 6 a 12 anos)