Bombeiros de Ourense denuncian impagos nas nóminas
Bombeiros de Ourense e outros funcionarios municipais concentráronse hoxe na Praza Maior diante do consistorio para denunciar a precarización do servicio, os incumprimentos laboráis e o impago de ata o 40% dos seus salarios nas nóminas de marzo.
No acto de protesta corearon consignas e criticaron os contínuos ataques que reciben por parte do Alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, incidindo en que para chegar ós seus respectivos postos de traballo tiveron que pasar unha oposición.
Con posterioridade ocuparon o salón de plenos demandando unha entrevista co rexidor municipal.