As principais reivindicacións veciñais veñen dadas polos materiais empregados nas obras, nas que se están substituíndo tramos de beirarrúa que contaban con baldosa por outras de formigón. Ademais a veciñanza amósase descontenta co resultado final das obras, onde mesmo se están cubrindo con cemento rexistros do sistema de saneamento e alcaltarillado o que provocará “ter que picar de novo no caso de querer acceder a elas”.
O Portavoz municipal do BNG Luís Seara, departiu coa veciñanza e comprometeuse a trasladar as súas reivindicacións á Xunta de Galiza a través do Parlamento galego. Seara comparte as reclamacións veciñais pois entende que “o que reclaman é absolutamente coherente”, e engade, “as obras que se están executando non responden ás necesidades da veciñanza”.
“Solicitaremos ao Goberno galego toda a información relativa ao proxecto, os motivos polos que se opta por este tipo de materiais que provocan que a rúa non manteña a homoxeneidade e que, sobor de todo, se atendan as demandas e reivindicacións veciñais pois son, en última instancia, os que van padecer as consecuencias dunha actuación mal executada”.
O Portavoz do BNG adianta que, “farémolo a través do noso deputado no Pazo do Hórreo Iago Tabarés. Preguntaremos e pediremoslle explicacións á Xunta de Galiza co obxectivo de que se atendas as reivindicacións da veciñanza”.