Ourense Cidade

O BNG esixe solucións ante os impagos a parte do persoal do Concello

Desde o BNG solidarízanse con todas aquelas empregadas e empregados públicos que “a día de hoxe non están percibindo as cantidades correspondentes ao traballo realizado”.

Óscar Gómez

Ourense |

O BNG esixe solucións ante os impagos a parte do persoal do Concello | La Región

Nas últimas nóminas e como consecuencia da execución da sentenza, parte do persoal municipal, concretamente membros do Corpo de bombeiros e da Polícía Local, están percibindo entre 700 e 550 euros menos nas súas nóminas ao non poder facer fronte aos pluses por nocturnidade e festividade xa que como ben sinala Luís Seara, “a situación económica do Concello é tan extrema que está en risco o cobro das nóminas chegados aos últimos meses do ano en curso pois o Goberno é incapaz que dicir se a día de hoxe hai cartos suficientes ou non para facer fronte ás mesmas e sobor de todo, de que maneira se vai solventar esa diferenza de preto de 4 millóns de euros existente a día de hoxe no capítulo I do Orzamento”.

No BNG advirten que “esta non é máis que a punta do iceberg dunha situación económica delicadísima que pode chegar a afectar ao resto das traballadoras e traballadores municipais e que terá consecuencias para a veciñanza a través dunha suba impositiva tal e como xa adiantou o propio Alcalde”.

Situación Bombeiros.

En relación cos atrasos no pagamento dos complementos de nocturnidade e festividade aos membros do Corpo de Bombeiro, desde o BNG teñen claro que “a única responsabilidade é do actual Goberno Local e polo tanto do Alcalde, quen é ademais o máximo responsable de persoal do Concello”.

Desde o BNG esixen solucións inmediatas a unha situación que “pon ao límite a moitas familias, xa que estamos falando de minoracións das nóminas en algo máis dun 40% de persoas que desenvolven o seu traballo, que non teñen culpa da incapacidade do actual Goberno Local e que teñen dereito a percibir o salario que lles corresponde en función ao traballo que realizan”.

O Psoe tamen pide aclaracións

O grupo socialista considera que Jácome é o único culpable dos impagos no abono das nóminas aos traballadores municipales e pide transparancia. Así as cousas, as e os edís do PSdeG esixen ao rexedor, Gonzalo Pérez Jácome, como máximo responsable da área de Persoal e Recursos Humanos do Concello "que actúe con transparencia e dilixencia para solventar esta grave situación".