O BNG demanda que a deputación se querele contra o goberno pola intermodal de ourense
O BNG defende que o ente provincial presente recurso contencioso-administrativo contra o proxecto de intermodal deseñado por Rajoy e continuado por Sánchez
O BNG é contrario ao proxecto cuio estudo informativo que se aprobou definitivamente polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. E tal como consta no anuncio da súa aprobación só cabe a posiblidade de recurso contencioso administrativo..
Esto significa que o proxecto aprobado polo goberno socialista é directamente o proxecto de Rajoy que sen xustificación ningunha en 2014 modificou o emprazamento inicial das vías, as cales figuraban ao carón da rúa río Arnoia. “O proxecto que tanto rexeitamento social ten en Ourense, aprobase sen rectificacións que o corrixan”. Indica Varela voceiro do grupo provincial do BNG
Xa non é momento de demandar explicacións ao Ministerio de Trasporte e Mobilidade ante a renuncia a corrixir as deficiencias do proxecto de Rajoy e atender as demandas galegas a respecto da intermodal de Ourense. Senón que é momento de que as institución públicas galegas actúen en defensa da veciñanza.
Desde o BNG demandamos que sexa a Deputación provincial quen interpoña un recurso contencioso administrativo contra o goberno do Estado contra a aprobación definitiva do estudo informativo do proxecto nova estación intermodal de Ourense, cuio anuncio saíu publicado no BOE número 29 de 03 de febreiro de 2021. En defensa dos intereses da veciñanza, afirma o voceiro nacionalista, e tendo en conta a lesividade de dito proxecto para Ourense no caso de executarse, proporemos ao pleno provincial instar á Xunta de Galiza a facer o mesmo
Para o BNG as institucións téñense que implicarse na defensa efectiva dos intereses de Ourense, que os gobernos centrais de PP e PSOE teñen ignorado, mentres as súas forzas políticas no territorio galego se mostran incapaces de defender os intereses colectivos de Ourense á par que asistimos atónitos á pasividade e ao vergoñento silencio dos representantes destes partidos en Madrid que pareceron enmudecer de vez na defensa de Ourense e Galiza.