Ourense Provincia

O BNG consegue a legalización do pantalán de Laias

Xosé Manuel Puga “As accións do BNG levaron á legalización do pantalán de Laias, previo pago da sanción e agora esiximos o que afirma a confederación hidrográfica, que ahí hai un paso de servidume e que o valado do pantalán ten que ser retirado.”

Óscar Gómez

Ourense |

O BNG consegue a legalización do pantalán de Laias | onda cero

Desde o BNG quíxose chamar a atención a respecto da situación do pantalán instalado no concello de Cenlle, no núcleo de Laias, como comezou indicando XosÉ Manuel Puga. “unha situación irregular que pon de manifesto a inconsciencia do concello de Cenlle como o da propia Deputación de Ourense”.

Un dos expedientes incoados ten a ver coa ampliación irregular dese pantalán, “un claro exemplo de irresponsabilidade da Deputación e do concello de Cenlle ao facer unha ampliación dese pantalán sen os correspondentes permisos”. A incoación deste expediente rematou derivando nunha sanción de entorno a 8.000€, que xa ten que facer o seu pago a Deputación provincial de Ourense. O outro expediente que se incoa é a respecto do valado, que non permite a entrada e acceso a ese pantalán por parte do público, porque está irregularmente colocado alí e por tanto desde a Confederación hidrográfica Miño Sil esixen a retirada de dito valado, que é o que o BNG está esixindo, declaraba Xosé Manuel Puga.

O voceiro do BNG de Cenlle, Gabriel Alberte, sinalou que tras as múltiples queixas veciñais pola restrición de acceso ao pantalán de Laias, o grupo municipal do BNG de Cenlle iniciou diversas consultas ante o concello de Cenlle, e a tamén ante a confederación hidrográfica Miño Sil. Concluíndo que esta obra, realizada en 2016 pola Deputación sendo alcalde de Cenlle Gabriel Alén, incorría en dúas situacións irregulares, a primeira que non había permiso para o peche do acceso ao pantalán e outra que non había permiso para a ampliación de dito pantalán.

Tras facer as correspondentes indagacións ao respecto deste pantalán no que se realizan actividades acuáticas e que ten restrinxido o paso á veciñanza co suposto descoñecemento do concello de Cenlle, o grupo provincial do BNG traslada unha serie de preguntas á Deputación e o grupo municipal á Confederación Hidrográfica Miño Sil, sinalaba o deputado provincial, e “ o BNG descubre que se incoaran dous expedientes sancionadores a respecto deste pantalán.”

“As accións do BNG levaron á legalización do pantalán de Laias, previo pago da sanción e agora esiximos o que afirma a confederación hidrográfica, que ahí hai un paso de servidume e que o valado do pantalán ten que ser retirado.”

Para o deputado provincial esta situación, que evidencia a inconsciencia absoluta do concello de Cenlle e da Deputación Provincial de Ourense, ten que solucionarse. Estamos falando dun entorno cun amplo potencial, non só ecolóxico, senón tamén a nivel económico pola zona de esparcimento e de actividades náuticas que poden desenvolverse alí, pero ao mesmo tempo, “as veciñas e veciños de Cenlle, tamén da comarca do Ribeiro e do resto de comarcas, teñen recoñecido o dereito a ter acceso a ese pantalán, polo que é preciso a retirada dese peche que lles impide o paso a ese pantalán” declarou Puga.

Gabriel Alberte rematou indicando que esta situación evidencia unha incopetencia do PP, tanto a nivel municipal como Xunta como Deputación, para defender os intereses da veciñanza de Cenlle. “O PP de Cenlle negouse a actuar para legalizar o pantalán e negase a actuar para eliminar as restricións de paso da veciñanza ao pantalán. Para o PP sempre prevalecen os intereses privados antes que os intereses públicos.”