Avogados de turno de oficio e procuradores esixen "dereitos laborais"
O colectivo manifestouse diante da Delegación da Xunta co respaldo de procuradores para que se poña fin a unha situación de "exclavitude"
Avogados e avogadas ourensáns de "turno de oficio" manifestábanse en Ourense concluindo perante a Delegación da Xunta e apoiados polo colectivo de procuradores tras seis meses de folga em demanda de "melloras económicas, laboráis e de xubilación dignas".
A letrada e delegada do sindicato "Venia" en Ourense, Aline Castrosinalaba en Más de Uno Ourense que “están cansos de que lles tomen o pelo” e de non se resolva unha situación dun servizo esencial e público que están obrigados a prestar por lei. Aline explicou que son un colectivo de "autónomos con dificultades para atender os seus despachos e que chegaron xa a unha "situación crítica e insostible”. Neste contexto indicou que "anque se ven obrigados a atender os requerimentos de asistencia xudicial teñen que autofinanciarse cas cotas obrigatorias que pagan ao Colexio de Avogados.
Para Aline Castro “hai que rematar co abuso do todo gratis”. Entre as principais reclamacións figuran unha mellora dos honorarios, das coberturas sociais e unha relación de carácter especial que una a estes profesionais ca administración con dereitos coma os que pode ter calqueira persoa traballadora”.
Segundo Aline Castro para resolver a problemática é precisa a intervención do estado e da Xunta. Precisamente ao goberno galego acúsano de “mentir” por afirmar que “é unha das comunidades que máis invirte en xustiza”.
Aline Castro lembra que as reivindicacións tamén compartidas polo colectivo de procuradores porque a súa situación “é ainda pior”.