Concello de Ourense

O autobús do Clube de fútbol CENTED Academy promocionará os atractivos de Ourense

O rexedor felicitou ao clube pola iniciativa e asegurou: “no que poidamos, aí estaremos”

Óscar Gómez

Ourense | 25.01.2022 12:22

O autobús do Clube de fútbol CENTED Academy promocionará os atractivos de Ourense | onda cero

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e representantes dos grupos políticos municipais e provinciais, asistiron á presentación do novo autobús do Clube de fútbol CENTED Academy, rotulado con motivos da cidade e da provincia de Ourense, que será o que utilicen os xogadores do equipo nos seus desprazamentos.

Gonzalo Jácome afirmou que “é unha honra recibir na Praza Maior a este club de fútbol” que, aínda que xoga habitualmente en Vilariño, ten as súas oficinas e o seu centro de formación en Ourense, e “darlles a benvida e apoiarlles a eles e a todos os clubes da cidade”. O rexedor felicitou ao clube pola iniciativa e asegurou: “no que poidamos, aí estaremos”.

Autobús rotulado con atractivos turísticos de ourense | onda cero

Pola súa banda, o presidente do club, Manu Cerón explicou os motivos desta iniciativa: “Á parte da formación dos nenos, entendemos fundamental tamén darlle valor a Ourense, cidade e provincia. Temos uns atractivos enormes e con esta campaña queremos dar a coñecer todas as marabillas que temos, que non son poucas, cada vez que nos depracemos a xogar fóra da cidade”.

Cargando...