O Arenteiro ascende a 2ª Federación
CD Arenteiro consumou o ascenso á 2ª Federación o gañar en Espiñedo o seu partido coa UD Somozas
CD Arenteiro xa é equipo de 2ª Federación cando aínda quedan dúas xornadas para rematar a fase de ascenso.
O Arenteiro, xunto co Bergantiños, era o principal favorito dende que no verán pasado empezaron a sair día a día fichaxes de auténtico relumbrón no equipo de Carballiño: do Pontevedra chegaron Alex Fernández e Naveira, do Coruxo o dianteiro Sylla, do Ourense CF chegou o corpo técnico encabezado por Fran Justo e os xogadores Diego García, Germán Nóvoa, Portela, Mariña e Renan Zanelli, da Unión Deportiva Ourense chegou Rubén Arce, Markitos, Adrían Presas e Germán, do Fabril un prometedor Victor Eimil. Estaba feito o engranaxe dun equipo que parecía imparable e, mesmo en inverno, volveu a reforzarse.
O resultado foi o agardado, na primeira fase remataron en primeira posición e conseguiron a renda suficiente para na cuarta xornada da fase de ascenso acadar o premio de xogar na nova categoría creada pola RFEF, a 2ª Federación.
Na tarde do domingo o Arenteiro tiña que gañar para acadar o premio. Fixoo e pola porta grande o derrotar por 5-0 a UD Somozas.
¡Noraboa!
[[LINK:EXTERNO|||https://www.instagram.com/p/COGL1B2qFcP/?utm_source=ig_embed&utm_campaign=loading|||
Ver esta publicación en Instagram
]]Una publicación compartida de C.D. Arenteiro Oficial (@cd_arenteiro)