Cooperación

Apoio á Asociación de Produtores de Pataca da Limia

O presidente da Deputación destacou a importancia da pataca e da comarca da Limia dentro da economía ourensá, e a aposta do seu goberno polo medio rural

Óscar Gómez

Ourense | 31.03.2022 19:37

Apoio á Asociación de Produtores de Pataca da Limia | onda cero

Manuel Baltar sitúa este acordo dentro da ampla aposta da institución provincial polo sector agrario e a comarca da Limia, lembrando, por exemplo, os importantes servizos que presta o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia, pertencente ao Inorde. “A Deputación sempre está en primeira liña de apoio aos sectores produtivos. E neste caso estamos a falar dun eixo vital da nosa economía, como referendan estudos como os realizados polo Inorde e a UVigo que sinalan a pataca coma un produto estrela da nosa despensa”.

O presidente da Deputación tamén pon en valor as liñas de colaboración trazadas coa Asociación de Produtores de Pataca da Limia, “de completa referencia neste sector, coa que en 2018 comprometeuse a compra de maquinaria para acondicionar as pistas de acceso ás explotacións de pataca. Nesta ocasión, a partida económica facilitará este traballo mecánico. “Facilitamos que a maquinaria poida empregarse co persoal axeitado e este a disposición da asociación en todo o que sexa necesario nos seu traballo”. Manuel Baltar sitúa como estratéxico o apoio ao sector primario: “Unha actividade necesaria, como estamos a ver na crise derivada da guerra en Ucraína. O obxectivo deste goberno é traballar para seguir potenciando a calidade da nosa despensa”.

Pola súa banda, Amador Díaz valorou a implicación da Deputación coa Asociación de Produtores de Pataca da Limia: “Unha vez máis, este apoio é moi importante para poñer en marcha a maquinaria e acondicionar as pistas. Dende a asociación estamos moi agradecidos polo seu compromiso”.