Andaina

VI andaina solidaria da Peroxa

A Deputación colabora coa sexta andaina solidaria da Peroxa a favor da Asociación de Familiares e Enfermos Mentais Morea.

Óscar Gómez

Ourense | 19.10.2023 09:15

VI andaina solidaria da Peroxa | onda cero

O Concello de A Peroxa organiza a sexta edición da súa andaina solidaria, co apoio da Deputación de Ourense, que se celebrará o 22 de outubro a favor da Asociación de Familiares e Enfermos Mentais Morea.

Esta proposta inclúe dous percorridos circulares de diferentes distancias para adaptarse ás condicións físicas dos participantes: unha ruta curta de 6 km e outra longa de 15 km, con avituallamentos e sorteos ao remate da proba. En ambos casos, a saída da andaina será ás 9.30 horas desde a praza do Concello.

Desde a organización esperan unha participación de preto de 300 persoas. Os interesados en participar poderán anotarse ata o mesmo día da proba por un custe de 8 euros que irán destinados para esta asociación coa que se pode colaborar igualmente sen participar na andaina a través dunha “fila cero”.