Concello de ourense

Amplíase a capacidade das termas de Outariz-Burga de Canedo

O alcalde Pérez Jácome avanza que poderán ser utilizadas por un máximo de 80 persoas simultaneamente. Coincidindo coa chegada do outono, o goberno municipal introducirá novidades das conducións de uso, eliminando as quendas de acceso e fixando unha permanencia máxima no recinto de 90 minutos.

Óscar Gómez

Ourense | 21.09.2022 12:22

O Concello amplía a capacidade das termas públicas e gratuítas de Outariz-Burga de Canedo | onda cero

O Concello de Ourense incrementará a capacidade dos vasos do espazo termal público e gratuíto de Outariz-Burga de Canedo, na marxe dereita do río Miño. Anunciouno esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, concretando que o vaso número 1, o de maior superficie (105 metros cadrados), ampliará a súa capacidade ata 50 persoas, e o vaso número 3, de 74 metros cadrados, aumentará ata 30.

Coincidindo coa chegada do outono, o Concello introduce esta modificación, que incrementa substancialmente a cabida dos espazos dispoñibles para o uso das termas por segunda ocasión nos últimos meses. Así, en agosto, o Concello ampliou a capacidade do vaso 1 desde as 12 ás 35 persoas, e agora o fará ata 50. O vaso 2 pasou en agosto de 12 a 20 persoas e agora pasará a 30. Porén, en ningún dos dous vasos se chegará ao aforo máximo que se podería aprobar de acordo cos límites establecido pola Xunta de Galicia, xa que se quere evitar unha acumulación excesiva de persoas no interior dos espazos de baño. Deste xeito, Outariz-Burga de Canedo terá cabida desde o venres para acoller a 80 personas simultaneamente entre os 2 vasos.

O alcalde avanzou tamén que o goberno municipal introducirá máis novidades nas condicións de uso deste espazo termal:

Non haberá quendas para usar os vasos termais

Establece un tempo máximo de permanencia no interior do recinto valado de 90 minutos diarios

Recomenda non permanecer máis de 30 minutos diarios na auga

Fíxase como idade mínima os 10 anos (acreditados co DNI)

Prohíbese permanecer a menos de 1 metro de distancia dos chorros de auga quentes ou fríos, así como das escaleiras de acceso

Prohíbese falar en voz alta

Paralelamente, o Concello segue a traballar na execución das obras de acondicionamento dos espazos termais da Chavasqueira e O Muiño, co obxectivo de que poidan estar operativos no prazo de 15 días

Cargando...