O proxecto, que contou coa colaboración de numerosos veciños e veciñas da contorna e empresas locais como Os Carteiros, O Lagar, Kalis, Supermercado de Rivas e Gasolinera de Lamas, toma como punto de partida a experiencia vital da moza Candela Lorenzo,
estudiante de audiovisuais da Farixa e veciña da localidade, para conectar coa microhistoria da vila a través das imaxes do fotógrafo Virxilio Vieitez.
A rodaxe desenvolveuse en emprazamentos históricos da vila que son tamén localizacións habituais de moitas das fotografías de Vieitez, como o bar Avenida ou o Salón de Baile Changüí, entre outros, e en numerosos espazos privados da súa veciñanza. O equipo estivo formado por un grupo de 4 alumnos, impulsores do proxecto e encargados da área de produción (Candela Lorenzo, Drew Otero, Marta Galán e Brais Iglesias) e cun equipo externo conformado polo encargado da dirección; Xoán Bregua, o director de fotografía e camarógrafo; Adolfo Fernández, e o equipo de son formado por Vicente Couceiro Gestoso e Miguel Gómez Pérez.
Comeza agora o proceso de montaxe e posprodución que dará remate cara o mes de maio, cando se prevé as primeiras preestreas. Polo momento, unha delas na propia vila de Soutelo de Montes e a outra en Ourense que terá lugar na Mur Marxinal antes de comezar a
súa difusión en mostras e festivais.