Turismo

Allariz pechou o ano 2022 con moi bos datos de visitantes

Logo dunha moi boa campaña de Nadal, con altos niveis de visitantes e índices de ocupación entre o 80-100% nos hoteis e na hostalería, Allariz fai balance do ano 2022 en canto a súa vertente Turística.

Óscar Gómez

Ourense | 12.01.2023 10:17

Allariz pechou o ano 2022 con moi bos datos de visitantes | onda cero

Case 34.000 persoas foron atendidas na Oficina de Información Turística de Allariz durante o ano 2022. Segundo os datos recollidos, durante o 2022, un total de 33.828 visitantes foron atendidos na oficina de información turística de Allariz, sendo un 90,69% de orixe estatal e o restante 9,31 % internacional.

A procedencia das persoas atendidas na instalación turística municipal é principalmente galega, destacando a provincia de Pontevedra , seguida pola Comunidade de Madrid, Castela Leon , Andalucia e Pais Vasco. “Seguindo as estatísticas de que só un 15-20% dos visitantes entran nas oficinas de turismo, o resultado de visitas a Allariz durante o 2022 loxicamente sería moito maior”

O interese principal dos turistas foi a información local, sobre museos, e recursos da zona, resaltando este ano o interese por Santa Mariña de Augas Santas e pola gastronomía e produtos locais. O turismo comercial e de consumo así como os eventos municipais súmanse a ese interese e permiten completar o calendario de eventos e alcanzar estas cifras de visitantes ademais de manter o interese pola vila.

Os eventos consolidados en Allariz como pode ser a Semana Santa ao Vivo, a Festa do Boi, as Xornadas de Carne de Boi, ou a tempada de verán, hai que lle sumar eventos como o Allariz de Medo ou o Nadal no que o municipio alaricano convertese en lugar de visita obrigatoria.

Dende o Concello valóranse positivamente estes datos, e faise fincapé na necesidade de desestacionalizar todo o que se poda e intentar buscar e fixar eventos en datas do ano mais baixas para xerar actividade económica en Allariz, tentando mellorar se cabe a experiencia do visitante intentando sumar forzas co comercio, a hostalería e as empresas turísticas, sendo vital para conseguir que a visita Allariz sexa o máis agradable e sostible posible.