Allariz celebrará as XIX Xornadas para a Igualdade
A Área de Igualdade de Allariz organiza a edición número dezanove das xornadas para a igualdade. Este ano levan por lema “Súmate á igualdade” e realizaranse en Allariz entre os días 8 e 19 de marzo de 2023.
As actividades programadas comezarán o dia 8 de marzo ás 12:00h coa lectura do manifesto pola igualdade na Praza Maior de Allariz. Contará ca participación do alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO do IES de Allariz e porán en valor a igualdade real e efectiva entre home e mulleres.
Na mesma xornada do 8 de marzo, reunirase a mesa de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero. Nesta reunión uniranse aos responsables locais, Julián Pardina fiscal especialista en violencia de xénero na provincia de Ourense. Acompañarao a esta reunión Maria Alida Iglesias Gil, xefa da unidade de violencia sobre a muller en Ourense. Durante esta sesión abordarán os aspectos mais importantes sobre os últimos cambios lexislativos en materia de violencia de xénero.
O venres 10 de marzo, o salón do Fogar dos Maiores de Allariz, acollerá ás 19:30h a charla de Jennifer Novoa. “A muller durante a transición a través da fotografía”, Jennifer achegaranos a coñecer un pouco máis o papel que desenvolveron as muller nesta época sobre todo no rural.
Tamén haberá unha exposición de fotografías de mulleres de Allariz, que levará por título Matria, a súa localización será no salón do Fogar dos Maiores. Esta exposición será posible grazas a colaboración da veciñanza de Allariz. Durante os meses de xaneiro e febreiro fíxose unha recopilación de fotografías de mulleres en Allariz. Tanto a concelleira de Benestar Social, Maribel Poisa, como a técnica de Igualdade resaltaron a gran acollida da xente a esta petición e agradeceron a súa colaboración para facer posible Matria.
O 18 de marzo, haberá unha visita guiada, As mulleres de Nós percorren Allariz. Para asistir a esta actividade deberase inscribir previamente na Oficina de Información ou no correoinformacion@allariz.gal
E para rematar coas actividades desta XIX edición das Xornadas para a igualdade, o domingo 19 de marzo ás 11:30h celebrarase a 1ª Carreira-marcha solidaria para a igualdade. A saída realizarase dende a Praza Maior e farase unha recollida solidaria de alimentos non perecedeiros e produtos básicos de hixiene. Para participar na carreira poderán inscribirse no teléfono 988 554 059, por WhatsApp no 683 61 46 91 ou no correo igualdade@allariz.gal, ata o 17 de marzo ás 13:00h. Tamén o día da proba poderán inscribirse ata ás 11:00h.
A proba consta de dúas rutas, unha corta de 3 km e outra máis longa de 6km. As rutas poderanse facer correndo ou camiñando, a elección de cada persoa