Clima

Alerta laranxa por tormentas e choivas en Ourense

A partir das 12 horas activase a alerta de nivel laranxa no centro, montaña e sur da provincia de Lugo e no sur, montaña e nas zonas do Miño e Valdeorras, na provincia de Ourense.

Óscar Gómez

Ourense | 16.06.2021 09:26

Alerta laranxa por tormentas e choivas en Ourense | La Region

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por tormentas e choiva nas provincias e Ourense e Lugo.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das 12 horas de hoxe esperase un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por tormentas e choiva que afectará ao centro, montaña e sur da provincia de Lugo e ao sur, montaña e ás zonas do Miño e Valdeorras, na provincia de Ourense. Nestas zonas se prevé unha precipitación acumulada nunha hora de 30 mm, e localmente sarabia e rachas moi fortes de vento.

Activase tamén alerta amarela por tormentas e choivas no interior das provincias de A Coruña e Ourense, así como no noroeste de Ourense, que tamén darán comezo esta mesma mañá, a partir das 12 horas. Nestas zonas, se prevé unha precipitación acumulada nunha hora de ata 20 mm, e localmente sarabia e rachas moi fortes de vento.

Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese