Ourense Cidade

O alcalde preséntalles ás asociación veciñais aremodelación de liñas de autobuses urbanos

Pérez Jácome destaca que os cambios “mellorarán o servizo para o 95% da poboación sen diminucións de ningún tipo para as persoas que o utilizan”. O documento pódese consultar na web do Concello.

Óscar Gómez

Ourense | 02.12.2022 07:49

O alcalde preséntalles ás asociación veciñais aremodelación de liñas de autobuses urbanos | onda cero

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu onte no salón de plenos a representantes de diferentes colectivos veciñais para informarlles polo miúdo das novidades que incorporará o próximo ano 2023 o servizo de autobuses urbanos da cidade, coa licitación dun novo contrato de xestión e a introdución de novas liñas para mellorar a mobilidade na cidade. Á xuntanza asistiron a presidenta da Agrupación Miño de Asociación Veciñais, Lorinda Fernández, o presidente da asociación veciñal de Seixalbo, Xosé Carballido e o da asociación Santa Olaia de Beiro, Eugenio Iglesias.

A reunión tivo un balance positivo, explicou o alcalde de Ourense, xa que os colectivos veciñais “quedaron satisfeitos coa información das novas liñas de autobús que se implantarán en 2023 e co novo prego do bus que se licitará e adxudicará tamén o próximo ano”.

O alcalde presentoulles a última versión, Alpha 4.0, da remodelación das liñas de autobuses “que mellora o servizo de transporte público ao 95% da poboación de Ourense, sen diminucións de ningún punto, nin de frecuencias nin de percorridos para as persoas que o utilizan”. Esta proposta tivo unha boa acollida, subliñou o alcalde, na medida en que os presidentes dos colectivos veciñais aprecian “que a mellora en xeral é moi substancial”.

O Concello facilitaralles no mes de xaneiro a cartografía cos percorridos exactos de todas as rutas e liñas. A versión Alpha 4.0 está dispoñible xa na páxina web do Concello, no enderezo: https://ourense.gal/gl/lineas-autobus/