O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome visita a cidade francesa de Amiens para coñecer as características do sistema de mobilidade da cidade francesa. O alcalde foi recibido esta mañá no Concello de Amiens pola súa rexedora, Brigitte Fouré. A alcaldesa presentouse ás eleccións municipais de 2014, e saiu elixida, cun programa cuxo proxecto estrela consistía en acometer unha completa revolución do servizo de autobuses urbanos. Desde o goberno municipal puxo en marcha este novo modelo, que deu lugar ao que hoxe é un dos servizos de transporte urbano máis innovadores de toda Francia, e acadou a reelección. Hoxe a flota do servizo municipal consta de 145 autobuses, dos que 43 son eléctricos. O alcalde tamén se interesou nesta visita polo sistema de bicicletas eléctricas da cidade francesa.
Gonzalo Jácome e Brigitte Fouré estudiaron tamén diferentes posibilidades de colaboración entre Ourense e esta cidade francesa.O alcalde de Ourense visitou tamén as instalacións da empresa que xestiona o transporte público nesta cidade, unha entidade que é pública nun 70%, e asistiu a demostracións para coñecer as características e prestacións dos seus vehículos.