Ourense |
A agrupación municipal socialista organiza un acto con motivo da celebración do 1 de Maio (Festa do Traballo), para continuar reclamando os dereitos dos traballadores.
Para esta organización política 'esta data non debe ser para celebrar, senón para continuar loitando polos dereitos perdidos e todos aqueles que quedan por conquistar, así como para esixir de se derruben os teitos de cristal que ainda continúan en pé', declarou a secretaria da agrupación, Natalia González Benéitez.
Os socialistas ourensáns tamén participarán na tradicional ofrenda froral diante do busto do fundador do partido, Pablo Iglesias, ás 10.30 deste mércores, nun acto no que tamén intervirá o secretario comarcal da UXT, Cristóbal Medeiros.