Concello de Ourense

Actividades infantís polo nadal en Bispo Cesáreo, Parque de San Lázaro e Praza Maior

O Poboado de Nadal da Praza de Bispo Cesáreo, o espazo infantil do Parque de San Lázaro, e a Praza Maior acollerán actividades dirixidas á cativada da cidade ao longo das festas de Nadal 2021, organizadas pola Concellería de Educación do Concello de Ourense.

Óscar Gómez

Ourense | 03.12.2021 11:40

Actividades infantís polo nadal en Bispo Cesáreo, Parque de San Lázaro e Praza Maior | onda cero

No Parque de San Lázaro os nenos e as nenas atoparanse cos tres Reis Magos, e poderán depositar as súas cartas en cadanseus buzóns. Tamén haberá casetas de Nadal, onde se desenvolverán diferentes actividades infantís, como obradoiros para elaborar adornos e complementos, postais e chapas, amais dun photocall. Será cada tarde, de 17 a 19h, de luns a domingo, desde o día 3 ao 30 de decembro e desde o 2 até o 4 de xaneiro.

Na Praza de Bispo Cesáreo, o poboado de Nadal está protagonizado por Papá Noel e acollerá actividades polas mañás para alumnado dos centros educativos da cidade. Pola tarde, para todo o público infantil haberá propostas de lecer como danza, sesións de contacontos e obradoiros de manualidades a cargo do persoal das bibliotecas municipais.

A Praza Maior, onde hoxe ás 19h será o acto de acendido das luces de Nadal, contará en diferentes días ao longo destas festas con canóns de neve, comezando hoxe, venres, e mañá sábado, de 19:00 a 20:00horas.