Abertas as inscricións para participar na proba deportiva de obstáculos Gladiator Kids
A competición, organizada pola Deputación de Ourense a través do Inorde e co apoio de Turismo de Galicia, disputarase o 14 de outubro en Muíños.
Óscar Gómez
Ourense |
Abertas as inscricións para participar na proba deportiva de obstáculos Gladiator Kids | onda cero
A Deputación de Ourense, a través do Inorde, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, organiza por primeira vez a Gladiator Kids, que terá lugar o 14 de outubro en Muíños. Este formato deportivo realizarase, nesta edición, para os máis cativos como proposta para impulsar o turismo familiar durante a ponte de outubro, na provincia de Ourense, a través dunha actividade deportiva na contorna natural de O Corgo.
O evento está dirixido a nenos e nenas de entre 12 e 15 anos que competirán en equipos mixtos e premiaranse aos tres mellores. Así mesmo, os nenos de entre 3 a 11 anos poderán disputar esta proba de obstáculos sen carácter competitivo e acompañados por un adulto.
De xeito paralelo á competición haberá unha exhibición de medios aéreos e terrestres da Garda Civil. Os interesados en participar poden anotarse a través da páxina web: www.gladiatorraceoficial.es.
Client Challenge
A required part of this site couldn’t load. This may be due to a browser
extension, network issues, or browser settings. Please check your
connection, disable any ad blockers, or try using a different browser.
Client Challenge
A required part of this site couldn’t load. This may be due to a browser
extension, network issues, or browser settings. Please check your
connection, disable any ad blockers, or try using a different browser.