Abertas as inscricións para participar na marcha cicloturista pola Ribeira Sacra
O Inorde organiza, co apoio de Turismo de Galicia, este evento deportivo que volve este 24 de setembro con dous percorridos de 115 e 80 quilómetros.
O Inorde organiza, co apoio de Turismo de Galicia, a terceira edición da marcha cicloturista pola Ribeira Sacra, unha cita ineludible para os apaixonados do cicloturismo de toda España. A proba, de carácter non competitivo, celebrarase o vindeiro 24 de setembro, coa saída a partir das 9.30 horas, na localidade de Luíntra, no Concello de Nogueira de Ramuín.
Os interesados en sumarse a esta espectacular proba que transita por un dos lugares máis icónicos da provincia de Ourense, poderán escoller entre o percorrido de gran fondo de 115 quilómetros e de +2.600 metros de desnivel con subidas que superan o 20% de desnivel, e o minifondo de 80 quilómetros cun desnivel de +1.700 metros. A “Ribeira Sacra Cycling Road” contará cun tramo cronometrado con circulación libre que incluirá a última subida, e outorgarase un premio especial aos tres primeiros e primeiras de dito tramo que participen no Gran Fondo.
Este evento deportivo contribúe a promocionar os recursos naturais, paisaxísticos e patrimoniais desta zona a través do deporte, así como a promover o cicloturismo na nosa provincia que presenta unhas condicións idóneas para esta disciplina deportiva. Nesta edición estrearase percorrido chegando por primeira vez ao termo municipal de Castro Caldelas.
Os interesados en participar na proba poden inscribirse a través do seguinte enlace: https://www.deporticket.com/web-evento/8369-ribeira-sacra-cycling-road, con promoción de lanzamento ata o 31 de maio.