Educación

8 centro de F.P. dual lanzan unha campaña unha campaña conxunta para dinamizar a matriculación

A iniciativa non ten precedentes en Galicia e diríxese a xoves maioresde 18 anos a través das redes sociais e internet, por detectarse que “as charlas non bastan”.

Óscar Gómez

Ourense | 24.05.2021 10:47

8 centro de F.P. dual lanzan unha campaña unha campaña conxunta para dinamizar a matriculación | onda cero

A provincia de Ourense conta con oito centros formativos de Formación Profesional Dual na cidade, Verín, Carballiño, Ribadavia e Vilamarín, nos que a promoción corre a cargo dun profesor “dinamizador” de cada centro, polo que a dinamización conxunta, provincial e mediante internet, non ten precedentes.

Un dos “dinamizadores”, Rubén Ansia, profesor no CIFP Portovello da cidad de Ourense, detalla que a mediados deste curso comezaron a ver a necesidade duna campaña ampla “para achegarlles ós máis novos, a información pola canle que eles utilizan de xeito habitual, pois as charlas están ben, pero non son bastan para comunicarnos con eles”

A campaña será visible dende esta fin de semana en “Facebook”, “Instagram” e canle de “youtube”. Incluirá un vídeo gravado con dron en varios dos centros promotores, e cartaces que amosan a duplicidade deste tipo de ensino: formació na aula e en empresa durante un semestra cada unha, en cada curso.

O ensino máis real e práctico

“É a Formación Profesional máis pegada á realidade do mercado laboral”, indica Ansia, xa que antes de comezar os estudos, os centros adecúan a matrícula ás necesidades concretas das empresas de cada sector cas que se asinan convenios.

É unha formación específica que require “actitude, motivación e madureza” nos estudantes interesados, pois deben inscribirse, presentalo seu currículum e acudir a unha entrevista en cada empresa para presentarse ó titor empresarial e coñecer horario, salario e tipo de formación que recibirán no segundo semestre. Dos encontros entre candidatos e empresas sairá a escolla de alumnos que poderán matricularse.

“Hai ciclos con demanda superior ás prazas formativas dispoñibles nas empresas”, concreta o dinamizador, así que hai unha selección antes da matrícula que pode deixar en lista de espera a varios candidatos, como ocurre no de “informática” o no “sanitario” (ambos no CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel, de Ourense), noutros as necesidades das empresas quedan sen cubrir totalmente, como no ciclo “comercialización de productos alimentarios”, no CIFP Portovello.

En FP Dual organízase un ciclo se as empresas dun sector plantexan unha demanda mínima de 12 persoas, e no caso do ciclo máis novedoso, o de “Termalismo e Benestar” recén implantado no CIFP A Farixa, a oferta foi de 21 grazas a convenios con 4 empresas.

A campaña promocional que arrinca nestes días, presenta á xente nova “ciclos máis prácticos e enfocados á integración laboral inmediata, con aprendizaxe mixto e continuo, entre o centro e a empresa”, un ensino “máis real, más práctico”, segundo o material promocional. O período de inscrición comezará a finais de xuño.

O dinamizador lembra que o período formativo que transcorre na empresa contabiliza como “cotizado” e a empresa remunérao, como míimo, ca metade do salario mínimo interprofesional.