Campamento

Do 7 ao 12 de agosto chega o Campamento Expolara

Cincuenta rapaces poderán desfrutar en agosto do Campamento Explora Ourense - Campamento da Ourensanía, que se desenvolverá no Complexo do Corgo, en Muíños, dentro do Parque natural da Baixa Limia - Serra do Xurés.

Óscar Gómez

Ourense | 26.06.2023 08:58

Do 7 ao 12 de agosto chega o Campamento Expolara | onda cero

Esta iniciativa está organizada pola Deputación en colaboración co Concello de Muíños e a asociación Sustinea, e conta cun prazo de solicitude para inscribirse a partir deste luns, 26 de xuño.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo un encontro co alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, e Paulo Vázquez, de Sustinea, para coñecer os detalles da nova edición deste iniciativa, que se celebrará do 7 ao 12 de agosto dividida por idades: un campamento para rapaces entre 9 a 11 anos e outro, de 12 a 14 anos.

Nesta edición do Campamento Explora Ourense - Campamento da Ourensanía incorpóranse novas actividades inglés que permitirán afondar no coñecemento desta lingua dun xeito lúdico. En paralelo, continuaranse facendo kaiak, sendeirismo, vivaque, xogos e moito máis.

A matrícula individual é de 125 euros. Para solicitar a participación, o prazo estará aberto dende este luns, 26 de xuño. As inscricións realizaranse por orde de solicitude ata esgotar as dúas quendas de 25 prazas. Máis información na webwwww.exploraourense.comou no 988 782 964.