Feira do viño de Ribadavia

A 63ª Feira do viño do Ribeiro distingue aos gañadores da cata popular

Máis de 200 persoas participaron no concurso celebrado na Madalena no que o público final cata e valora os viños brancos e tintos dos produtores presentes con stand na Alameda de Ribadavia.

Onda Cero Ourense

Ourense |

A 63ª Feira do viño do Ribeiro distingue aos gañadores da cata popular | Onda Cero

Na categoría de Viños Brancos resultou galardoado co primeiro premio Ramón do Casar Treixadura 2025 de Ramón do Casar, S.L. e o viño Alberte 2025, de Bodegas Nairoa, S.L., quedou en segundo posto. Para rematar, na categoría de Viños Tintos, a distinción de mellor viño tinto foi para o viño Cunqueiro 2025 de Bodegas Cunqueiro, S.L.

Doutra banda, recoñeceuse como Mellor Catadora de Viños Brancos a M. Victoria Fernández Álvarez, de Vigo, Pontevedra. Por último, na categoría de Mellor Catador de Viños Tintos premiouse a Xosé Manuel Rivas Fernández, visitante veciño de Ourense. Estes galardóns outórganse a aqueles participantes que máis se aproximen aos resultados finais globais dos viños gañadores nas distintas categorías.

Na súa intervención, Concha Iglesias agradeceu a participación de todos os produtores presentes, apoiando ano a ano este evento promocional, así como o labor realizado por parte dos traballadores do C.R.D.O. Ribeiro e do Concello de Ribadavia para levar a cabo esta nova edición. Aproveitou para felicitar a todos os gañadores da Cata Popular e animou aos asistentes para apurar a última xornada para degustar os seus viños, se non os probaron aínda.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, súmase ás felicitacións aos gañadores da Cata Popular e tamén aos agradecementos, resaltando o gran traballo dos voluntarios, persoal incansable durante os tres días de feira, así como o saber estar de todos os visitantes que logran, edición tras edición, fixar este evento como unha cita indispensable no calendario vinícola anual de todos os winelovers.