Ourense Provincia

34 concellos xa asinaron coa Xunta o convenio para dispoñer de caixeiro automático

A administración galega destinará 2,8 millóns de euros a esta iniciativa ao longo dos vindeiros catro anos

Óscar Gómez

Ourense | 21.06.2021 09:33

34 concellos xa asinaron coa Xunta o convenio para dispoñer de caixeiro automático | onda cero

A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez salientou o traballo da Xunta para evitar a exclusión financeira e promover que toda a poboación galega, con independencia do seu lugar de residencia, teña acceso aos servizos financeiros. Neste sentido, concretou que 34 concellos asinaron xa os convenios de colaboración coa Xunta para dispoñer de caixeiro automático e servizos de atención financeira ao cidadán.

Sandra Vázquez lembrou que o Consello da Xunta celebrado onte aprobou as bases que rexerán as subvencións, por un importe total de 2,8 millóns de euros, destinadas a incentivar e fomentar a prestación de servizos bancarios no ámbito rural nos vindeiros catro anos. Estas medidas de universalización vanse desenvolver a través da concesión dun incentivo a unha entidade financeira, que se elixirá mediante convocatoria pública, para que preste os servizos bancarios básicos naqueles concellos galegos de ámbito rural que se adhiran voluntariamente ao protocolo asinado entre o Goberno galego e a Fegamp, e que asinen os correspondentes convenios de colaboración coa Xunta.

Servicios Prestados

Esta iniciativa da Xunta de Galicia consiste na instalación dun caixeiro automático en dependencias municipais, a prestación dun servizo de asistencia financeira que permita, dun xeito semellante a unha oficina bancaria convencional, solucionar de xeito presencial as dúbidas dos clientes; e a oferta de formación financeira e banca electrónica para adquirir noticias básicas e aprender a utilizar os servizos bancarios a través das novas tecnoloxías.

Neste momento, 34 concellos galegos xa teñen asinado os convenios de colaboración coa Xunta. En concreto, na provincia de A Coruña son: Aranga, Vilasantar, Lousame, Cabanas, Dumbría, Santiso, Coirós, Dodro, Paderne, Toques e Vilarmaior; na provincia de Lugo: Ribeira de Piquín, Samos e O Páramo; e na provincia de Ourense: Larouco, Arnoia, Petín, Lobeira, Os Blancos, Oímbra, Vilar de Santos, Carballeda de Avia, Xunqueira de Ambía, Chandrexa de Queixa, Xunqueira de Espadanedo, Piñor, Porqueira, A Teixeira, Melón, Cenlle, Rairiz de Veiga, A Peroxa, Tabodela e Pontedeva.

Cargando...