O 3º Car Outlet Ourense ofrece os mellores prezos e todas as garantías
Organizado por Expourense e ACAUTO e coa colaboración de ABANCA, celebrarase no recinto ferial entre o 4 e o 6 de xuño coa participación de todos os concesionarios oficiais de Ourense.
Expourense regresa á actividade feiral presencial coa celebración da terceira edición do Car Outlet Ourense que ofrecerá as mellores oportunidades do mercado de vehículos de ocasión e segunda man con todas as garantías que brindan os concesionarios oficiais, con descontos que poden chegar ata o 50% dobre o prezo do vehículo novo. Trátase dunha cita coorganizada entre Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, ACAUTO, que conta coa colaboración de ABANCA. Celebrarase no recinto feiral fin de semana do 4 ao 6 de xuño. Para garantir a celebración dun evento seguro, o salón contará cun sistema de control de aforo e con todas as medidas de seguridade (control de temperatura no acceso, xel hidroalólico, distancia de seguridade, control dos fluxos de visitantes a través de sinaléctica…).
Un total de 22 marcas estarán representadas a través dos 16 concesionarios acollidos a A.C.A.U.T.O. que participarán como expositores e que representan o 95% das marcas que operan no mercado español. Trátase dunha cita vencellada a un dos sectores comerciais de maior peso na nosa contorna, o da automoción, no que se reunirán máis de 350 coches con ofertas moi especiais. O obxectivo desta cita é cubrir todas as gamas e modelos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos clientes ao mellor prezo. O público poderá consultar nun mesmo espazo distintas opcións de coches de oportunidade no mercado ourensán, e comparar in situ antes de decidir a compra.
A oferta presentada neste salón será ampla puidendo atoparse kilómetro cero, seminovos, de xerencia e segunda man, de entre 1 e 6 anos. Os datos indican que en Galicia por cada coche novo véndense dous de ocasión, incluíndo tamén as compras entre particulares. Isto provoca que haxa cada vez maior demanda e menor oferta, polo que acudir a este salón se converte nunha boa oportunidade para os que anden a busca dun vehículo deste tipo.
Dende ACAUTO indican que atravesamos un moi bo momento para adquirir un vehículo de ocasión ou segunda man provocado pola caída de vendas e matriculacións de vehículos novos, pola apertura dos peches perimetrais e polo aumento do uso de vehículos particulares provocado pola COVID-19 (descenso do “coche compartido”). A estas circunstancias hai que engadirlle as axudas do “Plan Moves” á hora de mercar un coche. Por outro lado, este salón é unha boa oportunidade para rexuvenecer o parque automobilístico galego (o cuarto máis antigo de España) que ten agora unha idade media de 13.7 anos. Un parque envellecido xa de por si e que se viu agravado pola pandemia.
O 3º Car Outlet de Ourense presenta a mellor oferta en Galicia en vehículos de ocasión, seminovos, xerencia e kilómetro cero que contan con inmellorables condicións, xa non só no prezo, senón tamén de financiamento, seguros ou outros servizos engadidos, e, por suposto, coa garantía e solvencia que ofrecen os concesionarios oficiais.
O 3º Car Outlet presenta unha oferta moi ampla na que poden atoparse numerosos vehículos que representan os catro eixos do mercado de ocasión: os kilómetro cero (novos que se venden así por obxectivos comerciais que indica o fabricante); vehículos de servizo (demostración ou cortesía) con antigüidade de ata 1 ano e con 15.000 kilómetros de media; seminovos (ata 5 anos de froito de renting empresarial ou operacións financeiras con garantía de recompra); e o de ocasión (que foi empregado por un particular e entregado no concesionario a cambio doutro).
Polo que respecta á compra dun vehículo de segunda man, dende A.C.A.U.T.O. recomendan acudir sempre a profesionais porque estes ofrecen unhas garantías inexistentes nas transaccións entre particulares xa que, por lei, hai que ofrecer un ano de garantía total, sendo moitas as empresas que extenden esta garantía ata dous anos ou máis, no caso dos seminovos (de 0 a 5 anos). As garantías ofrecidas aos coches mercados neste salón son moi semellantes ás dos coches novos xa que “as marcas están a traballar moito por profesionalizar o mercado de ocasión e xa case todas teñen a súa propia división de vehículos de ocasión”, explican. Outra vantaxe é a xestión da documentación do proceso de compra-venda, da que se encarga a empresa.
O horario de apertura do salón será venres 4 de xuño de 11.00 a 20.30 h., sábado 5 de 10.00 a 20.30 h. e o domingo 6 de xuño de 11.00 a 20.00 h. A entrada terá un custo de 2 euros, sendo gratuíta para os menores de 12 anos.
Concesionarios e marcas representadas no 3º Car Outlet
HYU-PEREZ RUMBAO S.A. (HYUNDAI)
BÁLTICO DE AUTOMOCIÓN PEREZ RUMBAO S.A. (VOLVO)
GALICIA DISTRIBUCIÓN DE AUTOMÓVILES S.A. (SKODA)
BETULA CARS S.L. (OPEL + CITRÖEN)
CIBRAUTO, S.A. (FIAT + MAZDA + ABARTH)
CIBRAOCAR, S.L. (KIA)
PSA RETAIL ORENSE S.A.U. (PEUGEOT)
CIBRAO MOTOR S.L.U. (TOYOTA)
AUTOMOVILES LOUZAO SLU (MERCEDES)
TALLERES VIPER S.L. (SUZUKI)
TALLERES RODOSA, S.L. (RENAULT + DACIA)
TOMOVIL CUEVAS, S.A. (FORD)
AUTOGAL, S.A. (BMW)
ROFERVIGO, S.L. (NISSAN)
COPER, S.A. (SEAT + CUPRA)
AUTOMOVILES PÉREZ RUMBAO S.A. (AUDI + VOLKSWAGEN)