Salón do Automóbil en Expourense

O 17º Salón do Automóbil reúne en Expourense a 20 concesionarios e 31 marcas

A fin de semana do 16 ao 18 de outubro celebrarase o Salón do Vehículo Novo e do 23 ao 25 de outubro o de Vehículo de Ocasión

Onda Cero Ourense

Ourense |

O 17º Salón do Automóbil reúne en Expourense a 20 concesionarios e 31 marcas | ACAUTO
Salón do Automóbil en Expourense

Trátase dunha cita organizada entre Expourense e A.C.A.U.T.O. co apoio da Deputación Provincial de Ourense que se celebrará entre o 16 e o 18 de outubro (vehículo novo) e o 23 e o 25 de outubro (vehículo de ocasión). Haberá un sorteo dun desconto de 6.000 euros entre os que pechen a compra do seu coche nestas citas e colaborarase con Cáritas.

Vinte concesionarios oficiais da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O., participarán como expositores no 17º Salón do Automóbil que se celebrará durante dúas fines de semana seguidas en Expourense. A fin de semana do 16 ao 18 de outubro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, e dende o 23 ao 25 de outubro o do Vehículo de Ocasión.

Trátase de dúas citas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción, e que está organizado de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.T.O. Esta cita ofrece a oportunidade de coñecer nun só espazo as últimas novidades do sector e coñecer o futuro da mobilidade na provincia de Ourense. Entre os dous salóns estarán expostos 725 vehículos o que converte a Expourense no maior concesionario do Norte de España durante estas dúas semanas.

Marcas representadas no Salón do Automóbil 2026

  • AUDI
  • BMW
  • BYD
  • CHANGAN
  • CITROËN
  • CUPRA
  • DACIA
  • EBRO
  • FIAT
  • FORD
  • HYUNDAI
  • JAECOO
  • JEEP
  • KIA
  • LEAPMOTOR
  • LEPAS
  • MAZDA
  • MERCEDES
  • MG
  • MINI
  • NISSAN
  • OMODA
  • OPEL
  • PEUGEOT
  • RENAULT
  • SEAT
  • SKODA
  • SUZUKI
  • TOYOTA
  • VOLKSWAGEN
  • VOLVO

O 17º Salón do Automóbil foi presentado esta mañá en Expourense nun acto no que participou o presidente do comité executivo de Expourense e delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo Cid; o deputado de Representación Institucional da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández Fernández; o secretario xeral de Cáritas Ourense, Javier Soto Varela, e o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez González. Por parte de ACAUTO interviu a súa vicepresidenta Eva André Cendón, que participou acompañado pola vicepresidenta Eva André Cendón, e por boa parte da xunta directiva desta asociación empresarial que aproveitará este salón para celebrar o seu 30º aniversario.

Presentación Salón Automóbil en Expourense | Expourense

Todas as marcas presentes aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2027. En total, participarán 20 empresas representando a 31 marcas que presentarán en total unha vintena de modelos novos en todas as motorizacións existentes na actualidade.

Cheque regalo de 6.000 euros no Salón do Automóbil de Ourense

Tanto dende ACAUTO como dende Expourense indícase que estas dúas citas son unha magnífica oportunidade (por calidade, cantidade, variedade e prezos especiais en feira) para aqueles que buscan un coche novo. Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do prezo de compra do vehículo adquirido.

Acauto colabora con Cáritas Ourense

Este ano repítese tamén a colaboración con Cáritas Ourense, entidade que recibirá ao rematar estas citas unha cantidade de 15 euros por cada vehículo vendido que será achegada por ACAUTO. Dende que se realiza esta acción que comezou no 2016, xa se teñen achegados ao redor de 45.000 euros.

O obxectivo destas citas é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. Trátase dun público obxectivo e amplo que poderá consultar nun mesmo espazo e de forma axeitada toda a oferta existente no mercado ourensán, e comparar opcións antes de decidir a compra do seu vehículo.

Por outro lado, este salón é unha boa ocasión para rexuvenecer o parque automobilístico ourensán (dos máis antigos de España) que, con 165.000 unidades matriculadas, ten agora unha idade media de 18,2 anos (a media galega é de 16,7). Esto melloraría ademais a seguridade viaria e a sustentabilidade da flota.

Horario do Salón do Automóbil 2026 en Expourense

  • Venres 16 e 23 de outubro: de 11:00 a 20:30 horas
  • Sábado 17 e 24 de outubro: de 10:00 a 20:30 horas
  • Domingo 18 e 25 de outubro: de 11:00 a 20:00 horas

A entrada terá un custe de 3 euros por cada salón (os menores de ata 12 anos teñen entrada gratuíta).

Para facilitar a elección do novo coche familiar, volverá haber servizo de ludoteca gratuíto durante toda a fin de semana (venres de 17.00 a 20.30 h.; sábados de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 h. e domingos de 12.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 h.).

Salón do Automóbil 2026 en Expourense | Expourense