Manzaneda agarda ter pistas esquiables dende este venres
Botarán man dos canóns para asegurar

20 de febrero de 2025
Ourense |
A neve caída nos últimos días en Manzaneda e as baixas temperaturas aventuran á Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda a planificar a apertura de pistas esquiables dende este próximo venres. Para elo botarán mán dos canóns de neve para reforzar a posibilidade.
O vento, con velocidades que superan os 100 kilómetros por hora semellan ser o único contratempo, anque contan con que cesen dende o propio día 31 de xaneiro. As previsións apuntan a que venres, sábado e domingo lucirá alí o sol sen apenas rachas de vento.
De momento os equipos da estación traballan no movemento e asentamento da neve así como na construcción de novos cortaventos para facilitar a acumulación e a retención.