Ourense |
A mina de wolframio de Pentes, en A Gudiña, quedou excluída como estratéxica para a Unión Europea, polo que a empresa suspende temporalmente a actividade, anque prevee volver a presentar a súa candidatura.
Europa non a inclúe nunha segunda lista de materias primas críticas.
Esta dificultade súmase á crise corporativa da firma Eurobattery Minerals tra-la condena do seu CEO en España por fraude.
Entretanto o Alcalde da Gudiña, Néstor Ogando segue confiando en que o proxecto poda desenvolverse.