Cultura

Os lumes provocan a cancelación de espectáculos das Xornadas do Folklore

Xa houbo cancelacións nos últimos días

Paco Sarria

Ourense |

Os lumes provocan a cancelación de espectáculos das Xornadas do Folklore | onda cero ourense

No contexto da situación actual de emerxencia na provincia a causa dos incendios forestais, e en coordinación cos concellos afectados, decidiuse a cancelación dos espectáculos previstos para mañá martes en Ourense e para o mércores en Ribadavia, no marco das Xornadas de Folclore.

A situación tamén motivou a suspensión de diversos espectáculos durante os últimos días en concellos afectados pola vaga de lumes na provincia.