Lumes

O lume devora montes da provincia de Ourense

Máis de 3 mil hectáreas ardidas en Chandrexa de Queixa

Paco Sarria

Ourense |

O lume devora montes da provincia | paco sarria

O lume devora montes da provincia de Ourense onde algúns lumes avanzaron sen control nas últimas horas.

O máis grande dos ocorridos ata o de agora en Galicia ten lugar en Chandrexa de Queixa onde estarán superadas xa as 3 mil hectáreas nun terreo de difícil acceso e onde son máis efectivos os medios aéreos.

A situación, con nivel 2, levou a solicitar a axuda da UME.

Tamén reactivouse o lume en Maceda onde tamén está decretado o nivel 2, onde van ardidas 450 hectáreas.

Pero non queda aquí a cousa xa que outros lumes afectan ós concellos de Padrenda, Verin, Vilardevós, Vilariño de Conso, Montederramo, Cartelle, Melón, San Amaro ou Vilar de Santos.