Ourense | 17.09.2024 11:07
O delegado territorial da Xunta de Galicia, Manuel Pardo, comprobou o remate dos labores de roza e limpeza dos castelos da Limia na que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude investíu 12 mil euros.
A actuación sobre as torres ubicadas en Xinzo de Limia, Porqueira e Sandiás forma parte das intervencións da Xunta de Galicia para a conservación e posta en valor do patrimonio arqueolóxico.
Pardo explicou que "o patrimonio é unha oportunidade para todos, para o seu aproveitamento cultural, a súa proxección exterior e para fortalecer a marca de país".